A Deputación de Pontevedra entra no Consello de Goberno da nova Rede Local para a Axenda 2030

Por Redacción
A Deputación de Pontevedra, veu referendada este mércores a súa "aposta irrenunciable polo medio ambiente e a transición ecolóxica como eixo transversal das súas políticas", coa súa elección como vocal, na figura da presidenta Carmela Silva, do Consello de Goberno da Rede de Entidades Locais para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 (REDODS) impulsada pola FEMP, unha Rede composta polos gobernos locais que se comprometen a localizar e aplicar os 17 ODS de forma transversal nas súas políticas.
A Rede presidida polo alcalde de Palma, José Hila, celebrou este mércores a asemblea constitutiva que aprobou os nomeamentos do Consello de Goberno, o Plan de Traballo e orzamento anual así como as normas de funcionamento. Integra a un total de 167 entidades locais adheridas entre concellos, deputacións, consells e cabildos, que representan a máis de 16 millóns de persoas,
A actividade está dirixida a favorecer a coordinación de actuacións entre os gobernos locais co fin de acadar mellores resultados na aplicación da Axenda 2030 en municipios e provincias e, nese senso, lles ofrece ferramentas para que alcancen os obxectivos. Amais, aportará pautas, información e propostas para facer fronte á crise provocada pola COVID-19, tendo moi presente unha das principais premisas da Axenda 2030: non deixar a ninguén atrás.
Entre os obxectivos da REDODS está a promoción do coñecemento e sensibilización dos ODS nas entidades locais, así como o fortalecemento do papel estratéxico que estas entidades xogan no desenvolvemento da Axenda 2030 en España, promovendo o traballo en rede, o intercambio de experiencias e a procura de alianzas que impulsen políticas de cohesión a nivel local e unha adecuada articulación entre os ámbitos central, autonómico e local.
Neste momento, o traballo cos gobernos locais en liñas de actuación trala crise sanitaria será outro dos fins prioritarios, a fin de dar unha resposta no territorio aliñada coa Axenda 2030.
Relacionadas:
-
Carmela Silva defende a importancia da administración local no cumprimento da Axenda 2030
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva e Ione Belarra sentan as bases para avanzar no cumprimento da Axenda 2030
Por Oskar Viéitez |
-
O proxecto 'Ágora' da Deputación para recuperar espazo público aspira a obter fondos europeos
Por Redacción |
-
Reducir a emisión de CO2 en máis dun 40%, obxectivo do Plan de Acción de Sanxenxo cara o 2030
Por Redacción |
-
A Deputación súmase ao Día para a Erradicación da Pobreza e anuncia que repetirá o ciclo 'Defensoras de dereitos'
Por Redacción |
-
Nace a "Alianza local polos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación, con 40 proxectos en marcha, cumpre coa Axenda Europea 2030 para un desenvolvemento sostible
Por Redacción |