Marín opta por suspender a gran festa do terror na Finca de Briz e festexará o Samaín con decoración
Por Redacción
A alerta sanitaria da covid-19 levou a Marín a decidir sumar unha festa máis á listaxe de eventos suspendidos este ano: o Samaín. Así, consideran que a pandemia fai imposible a organización da gran festa do terror que nos últimos anos adoitaba celebrarse na Finca de Briz.
Esta festa polo Samaín contaba cunha alta participación por parte da sociedade marinense, pero este ano 2020 este día tan máxico e cheo de tradicións terá que conformarse cunha conmemoración moito menos multitudinaria.
Co fin de dotar a este día de certa ambientación a festa, decorarase a Finca de Briz e o Palco da Música da Alameda. Será en colaboración coa Fundación Juan XXIII e a Asociación Os da Caña, que en anos pasados colaboraron na organización da festa.