Como nos organizamos para ir ao cemiterio de San Amaro o Día de Defuntos?
Por Oskar Viéitez
A concelleira Carme Fouces compareceu este xoves en rolda de prensa para informar sobre ou operativo establecido nos cemiterios municipais con motivo das festividades Defuntos e Todos os Santos.
Son uns días de moita afluencia de persoas aos camposantos e ésto é un problema na actual situación de pandemia. Carmen Fouces explicou que o goberno local estaba á espera "dunhas prometidas instrucción que a Xunta de Galicia dixo que ía sacar" pero visto que se lle botaba o tempo encima esta concellería decidiu actuar e organizou o seu propio operativo para o cemiterio de San Amaro, o máis grande do municipio.
A medida máis rechamante é a recomendación de limitar o tempo de estancia a un máximo de 30 minutos.
Non se establece un límite de aforo pero se se apela ao sentido común para evitar que se xunten demasiadas persoas visitando o cemiterio. "En Pontevedra somos xente moi razonable e se o recomendamos seguro que o cumplimos sen prohibir", dixo Fouces.
Dispuxéronse unhas marcas para sinalizar os itinerarios de circulación por todo o percorrido dentro do cemiterio.
Habilitarase unha única porta de acceso peonil e dispoñerase un teléfono para avisar a un funcionario municipal para que permita o acceso aos vehículos que leven a persoas con problemas de mobilidade.
Non se admitirá o paso a mascotas, tampouco estará permitido o acceso con alimentos e, ese Día de Defuntos estarán pechadas todas as billas de auga polo que non haberá auga corrente para encher floreiros ou facer a limpeza. O resto do mes voltarán a estar en servizo.
O cemiterio de San Amaro non conta con dispensadores de hidrogel polo que se recomenda ás persoas que acudan ao recinto que leven a súa propia solución hidroalcohólica para a desinfección de mans.
NOS DEMAIS CEMITERIOS
Nos catro cemiterios municipais restantes haberá unhas indicacións na porta cuns carteis que expliquen as medidas sanitarias básicas e xenéricas chamando á responsabilidade persoal para o seu cumprimento.
Ademais lembrarase que "o mes de novembro e o mes de Santos e non é necesario que nos aglomeremos todos ese día nos cemiterios senon que espallemos todo o posible a visita", sobre todo no caso das persoas de maior idade ou en situación de risco "que procuren non ir ese día".
Relacionadas:
-
Bueu instala luminarias led no camiño lateral do cemiterio municipal
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico nos accesos aos cemiterios desde o venres ata o domingo
Por Redacción |
-
A pandemia da Covid-19 adianta a venda de flores da campaña de Difuntos
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Normas para visitar os cemiterios nestes días de pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local controlará o aforo nos cemiterios de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |