A Lama mellora un camiño no Peso integrado na "Ruta da Liberdade"
Por Redacción
O tenente de alcalde David Carrera e o concelleiro de Cultura e Deportes e presidente da Asociación de Veciños, Daniel Vidal, comprobaron as obras de mellora dun camiño no Peso integrado dentro da "Ruta da Liberdade", un sendeiro que discurre a carón do río Barbeira.
Os traballos realizados por operarios e medios municipais consistiron na canalización das augas pluviais e as escorrentías que estaban deteriorando por completo o firme deste camiño e que agora volve a gañar en accesibilidade non só para os usuarios da ruta senón tamén para os veciños que residen nas inmediacións e que utilizan este vial de xeito habitual.
Os operarios realizaron tamén traballos de nivelación do terreo usando para corrixir os problemas detectados no camiño xabre co fin de causar o menor impacto mediambiental a este camiño encadrado nesta concorrida ruta de sendeirismo e que agora se verá moito máis accesible ao paso dos viandantes e usuarios da mesma.
Tamén se canalizaron en varios lugares do camiño as augas pluviais para evitar empozamentos no inverno e que a erosión causada polo efecto das choivas fora degradando o vial recén arranxado.
Tanto David Carrera como Daniel Vidal salientaron o traballo realizado polos operarios municipais que deste xeito sanearon por completo un camiño que vertebra interiormente a parroquia de Escuadra.