Exposición pública e período de alegacións ao plan do polígono de Searas
Por Redacción
O Concello de Marín informa do inicio do período de exposición pública ao que estará sometido durante dous meses o plan parcial do polígono de Searas, presentado pola empresa Refrescos do Atlántico. Trátase dunha parcela situada na parroquia de Seixo que se atopa ocupada en gran parte por esta empresa.
O período de exposición pública durará dous meses e permitirá a aqueles veciños con terreos neste polígono a posibilidade de presentar observacións e alegacións a este plan parcial, en particular ao que atinxe ás súas titularidades.
A documentación do plan parcial estará a disposición da veciñanza nas oficinas do Servizo de Urbanismo do Concello, situado no edificio da Casa Consistorial, en horario de 09.00 a 14.00 horas.
Desde este servizo lémbrase que, debido á situación sanitaria, é obrigatorio pedir cita previa para acudir ás dependencias municipais a través do teléfono 986 880 300 ou da sede electrónica.