Alfonso Rueda pide a Carmela Silva que cambie de data a reunión da Mesa do Camiño para poder asistir
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra convocou para o proximo 29 de outubro a reunión extraordinaria da Mesa do Camiño un foro impulsado pola administración provincial no que participa a Xunta de Galicia e os concellos polos que discorren os roteiros xacobeos.
O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda trasladou á presidenta da Deputación o seu interese en participar nesa reunión pero "como xa ocorreu con ocasión da anterior convocatoria" a da próxima semana volve realizarse "o mesmo día e á mesma hora que o Consello da Xunta", que desde hai 11 anos celébrase todos os xoves a dez da mañá.
Xa en anteriores ocasións a representante da Xunta pediu que se tivese en conta esta coincidencia para futuras convocatorias para posibilitar a asistencia a esta Mesa do Camiño do entón conselleiro de Turismo, Román Rodríguez.
Alfonso Rueda, nunha carta dirixida á presidenta da Deputación, sinala que "sendo a Xunta a principal Adminsitración responsable e impulsora do Camiño de Santiago, parecería lóxico ter mantido un contacto previo á configuración da orde do día, máxime tendo en conta que case todos os puntos se refiren a actuacións e previsións da Administración autonómica".
A apertura en breve do Xacobeo 2021 "merece que tódalas adminsitracións esteamos á altura e redobremos os nosos esforzos co obxectivo de ter unha mellor consideración", apunta Roda valenzuela. "Os cidadáns non entenderían que fose doutro xeito", engade.
Finalmente o vicepresidente primeiro móstrase "convencido" de que atoparán unha data "de común acordo" que permita a presenza da Xunta de Galicia "e coa intención de acadar unha colaboración ou máis intensa posible". Neste sentido propón varias posibles datas para celebrar a reunión antes de despedirse cun "cordial saúdo".
Relacionadas:
-
A presidenta da Deputación mantén o apoio ao Camiño de Santiago como elemento de atracción de visitantes
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Carmela Silva critica a "teoría da conspiración" de Alfonso Rueda
Por Oskar Viéitez |
-
A eliminación de puntos negros e humanización de vías centran a atención da Mesa do Camiño
Por Manu Otero |
-
A Mesa do Camiño modifica o seu regulamento para que poida participar o conselleiro de Cultura
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación desconvocou a Mesa do Camiño para estudar a participación do conselleiro
Por Oskar Viéitez |