Pedro Sánchez pide concienciación e disciplina cidadá: "Podemos y debemos detener al virus sin detener la vida"
Por Natalia Puga
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, foi tallante este venres nunha declaración institucional sobre a evolución da pandemia da covid-19: “Hay que reducir la movilidad para frenar los contaxios. No hay otra solución”. Tras analizar a evolución do virus nos últimos meses e a elevada incidencia da segunda onda, pediu colaboración á cidadanía para lograr frear a curva de contaxios sen ter que recorrer a un novo confinamento xeral da poboación.
"En esta segunda ola, podemos y debemos detener la transmisión del virus sin detener la vida", sostivo Sánchez, pero para logralo é necesaria a "máxima colaboración, conciencia y disciplina" cidadá para seguir as medidas ditadas polas autoridades e reducir esa mobilidade e os contactos sociais que axudan á transmisión.
O obxectivo final é "evitar a toda costa un nuevo confinamiento como el de primavera" e Pedro Sánchez quixo lanzar un "reto colectivo" á cidadanía. Trátase de reducir a incidencia acumulada a 25 casos por cada 100.000 habitantes, pero para logralo o esforzo é máximo, pois a media española atópase nestes momentos nos 348 casos por cada 100.000 habitantes.
Sánchez mostrouse esperanzado sobre o logro colectivo, pois "podemos volver contener al virus si todos cooperamos", a condición de que se sigan esas recomendacións, que pasan por limitar as reunións e celebracións, pois unha reunión familiar ou unha festa con amigos poden "comprometer nuestro futuro individual y colectivo".
O presidente recoñeceu o esforzo que supón esta petición, pois "tebemos pasión por el contacto humano", pero lembra que "es el momento de mantener distancias", pois os familiares e amigos, aínda que custe moito admitilo, tamén poden contaxiarse entre si.
Esta petición chega nun momento de "cansacio social" e no Goberno son conscientes. Con todo, insisten en que a situación é "grave" e para conter os contaxios é necesario reducir os contactos e a mobilidade, con medidas que afectan á mobilidade, aos aforos, ao número de persoas nos encontros e os horarios. "Tenemos que intensificar la acción", insiste Sánchez.
En resumo, "necesitamos hacer un paréntesis para salvar vidas", sostivo o presidente do Goberno, que lembrou o sistema en catro niveles de situación da pandemia que aprobou o Goberno coas comunidades autónomas no consello interterritorial. No cuarto nivel, de alerta máxima, aprobaríase o estado de alarma, sempre por decisión dos gobernos autonómicos, pero para evitar chegar a ese extremo, chama a adoptar as medidas que causen o menor dano posible á economía e a menor restrición das liberdades.
La combinación del resultado de los indicadores posiciona al territorio en un NIVEL DE ALERTA: del 1⃣ al 4⃣
Relacionadas:
-
O Goberno reduce ao 4% o IVA das máscaras e baixará o seu prezo máximo de venda
Por Alejandro Espiño |
-
Coñece os aspectos máis destacados do novo decreto de estado de alarma
Por Redacción |
-
O Goberno decreta un novo estado de alarma, con toque de queda xeneralizado entre as 23.00 e as 6.00 horas
Por Diego Espiño |
-
15 casos positivos máis no municipio de Pontevedra e 4 máis en Poio nas últimas 24 horas
Por Redacción |