Carlos Rodríguez Losada, reelexido como máximo representante da Unión Federal da Policía na provincia
Por Redacción
O 100% dos votos manteñen a Carlos Rodríguez Losada como máximo responsable da Unión Federal da Policía (UFP) na provincia de Pontevedra. Da súa man, no equipo de traballo tamén se atopa o representante de Vilagarcía, Luis Miguel Ferrín Amado, que ocupará o cargo de Secretario de Relacións Institucionais.
Desta forma, Rodríguez Losada seguirá liderando durante os vindeiros catro anos esta agrupación sindical da Policía Nacional que conta con numerosa representación, sobre todo en cidades como Pontevedra.
Este axente policial é un referente no mundo sindical pola súa gran traxectoria desde hai máis dunha década, ademais de ser unha persoa comprometida que, malia poder estar liberado permanentemente, prefire estar no seu posto de traballo para poder ver desde o seu coche patrulla e de motu propio as carencias policiais e poder poñerlle remedio en primeira persoa. Ademais socialmente comprométese con diferentes campañas solidarias.
Pola súa banda, Luis Miguel Ferrín pasa a ostentar un cargo de suma importancia dentro desta organización sindical e ve premiada a súa gran traxectoria mantendo tamén a súa actividade como axente ao mesmo tempo que representa a todos os seus compañeiros no marco laboral.
Relacionadas:
-
O sindicato UFP critica o uso de bolardos, postes e xardineiras nas rúas peonís porque "poñen en risco o labor policial"
Por Redacción |
-
O sindicato UFP doa termómetros ás comisarías de Policía Nacional de Pontevedra, Marín, Vilagarcía e Vigo
Por Redacción |
-
A UFP denuncia que "a Xunta abandona aos seus policías"
Por Redacción |