A campaña turística "Fame de experiencias" alcanza a docena de premios internacionais
Por Redacción
E xa son doce. "Fame de experiencias", o audiovisual da campaña de turismo 2019 da Deputación de Pontevedra, producido pola produtora "Esmerarte", vén de acadar un novo recoñecemento internacional, esta vez no ART&TUR 2020, o Festival Internacional de Cinema de Turismo de Portugal, que se está celebrar na cidade de Viseu.
O vídeo promocional alzouse con dous galardóns, o primeiro ao "mellor produto gastronómico", categoría na que competían outras catro candidaturas portuguesas e unha croata, e un segundo ao "mellor vídeo turístico da península", premios que recolleu esta mañá a deputada provincial de turismo, Ana Laura Iglesias.
No festival portugués competían un total de 73 candidaturas de diferentes países. Ademáis, a deputada tamén recibiu os galardóns do Festival de Terres e de Zagreb, que no seu momento se desenvolveron online, aproveitando que os seus e as súas representantes tamén asistiron ao certame portugués.
O Festival ART&TUR está integrado na rede mundial do CIFFT, o Comité Internacional dos Festivais de Filmes de Turismo, que escolle cada ano o mellor audiovisual de turismo do mundo. Precisamente, este domingo remata o prazo para poder votar entre todos os vídeos do ano. Entre eles está o audiovisual da Deputación de Pontevedra que pode votarse no link https://www.cifft.com/film/hunger-for-experiencies/.
Cos premios de este venres, son xa doce os recoñecementos internacionais para "Fame de Experiencias", tras os acadados en Fitur, Golden City Gate de Berlín, New York Festivals TV&Film Awards, International Tour Film Fest de Bulgaria, Festival de Turismo de Riga, US International Film Video de Los Ángeles, SilaFest de Serbia, Terres Festival, no Festival Internacional de Cine Turístico de Turquía, e no TourFilm Festival de Zagreb en Croacia.
Relacionadas:
-
'É o teu momento', a campaña de experiencias únicas que Rías Baixas levará a Fitur
Por María José Pita |
-
E o Óscar turístico World Tourism Film Awards é para... 'Fame de experiencias?', vídeo promocional da Deputación
Por Redacción |
-
'Fame de experiencias' acada o seu premio internacional número 13 nun festival grego
Por Redacción |
-
A Mancomunidade do Salnés e a Deputación suman forzas para potenciar o turismo da provincia
Por Redacción |
-
A campaña "Fame de experiencias" obtén o seu décimo recoñecemento internacional
Por Redacción |
-
A Deputación prepara unha campaña de promoción turística pensada no outono
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña turística Fame de Experiencias, da Deputación, recibe un novo premio
Por Redacción |
-
Turismo Rías Baixas logra a medalla de prata nun certame turístico en New York
Por Redacción |