A Asociación de Amigos do Camiño Portugués concede a súa insignia de ouro ao conselleiro Román Rodríguez
Por Mónica Patxot
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, agradeceu este venres á Asociación de Amigos do Camiño Portugués a insignia de ouro da institución recibida nun acto no Liceo Casino de Pontevedra.
O conselleiro expresou a súa gratitude máis emocionada aos membros deste colectivo, cuxo labor a prol da peregrinación xacobea gabou: "Sen aliados como vós o Camiño non houbese acadado nunca a dimensión dos últimos anos", sinalou.
Neste sentido, Román Rodríguez salientou o papel da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, co seu presidente, Tino Lores, ao fronte, por un traballo diario que continúa en momentos de incerteza como o actual.
"É importante que sigamos colaborando e tendo presentes os valores propios do Camiño como o diálogo, o entendemento e a cooperación para afrontar o futuro con firmeza e decisión" ás portas dun Ano Santo tan esperado como o que se celebrará ao longo de 2021, afirmou.
Relacionadas:
-
Patrullas da Brilat completan o Camiño de Santiago na súa tradicional competición militar
Por Redacción |
-
O conselleiro de Cultura recibirá a insignia de ouro dos Amigos do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Pontevedra acolleu o encontro internacional de hospitaleiros
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |