Sogama distribuíu de forma gratuíta preto de 5.200 composteiros domésticos na provincia de Pontevedra
Sogama distribuíu de forma gratuita na provincia de Pontevedra 5.183 compostadores domésticos entre as 100 entidades adscritas ao seu programa (41 concellos, 54 centros educativos e 5 colectivos sociais).
Os recipientes, con capacidade para 390 e 400 litros, están fabricados con materiais reciclados e reciclables ao final da súa vida útil.
No caso dos municipios, foron proporcionados aos veciños interesados a través dos correspondentes gobernos locais, os cales se encargan igualmente do seguimento do programa mediante visitas periódicas aos fogares participantes. Transcorrido un ano desde a implantación da iniciativa, deben remitir un informe a Sogama no que dean conta da acollida da mesma, resposta dos usuarios, correcta aplicación da técnica e preguntas máis frecuentes.
Condición indispensable é que as familias participantes habiten nunha vivenda unifamiliar que dispoña de terreo (horta, xardín ou terra de cultivo) no que aplicar o compost resultante, pechando desta forma o ciclo de aproveitamento e reciclaxe da materia orgánica. Dado que esta fracción representa en torno ao 42% dunha bolsa de lixo tipo, se se recupera en orixe evítase o seu depósito nos contedores verdes convencionais, circunstancia que, máis aló das súas evidentes bondades ambientais, trae consigo un aforro de custos, tanto no que incumbe á recollida como ao tratamento final nas dependencias de Sogama.
Así mesmo, Sogama dota aos veciños con manuais didácticos de apoio nos que se describe o proceso a seguir e os pasos a dar para obter un abono natural de alta calidade que poida ser aplicado ao solo con absolutas garantías e sen restricións.
A empresa pública tamén vén impartindo cursos de formación presenciais nos que explica de forma pormenorizada todas as cuestións a ter en conta para que os resultados sexan satisfactorios, prestando especial atención á propia ubicación do composteiro, que debe emprazarse nunha zona protexida e sombreada, debendo estar en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores, así como ao control de parámetros de gran relevancia como son o osíxeno, a temperatura e a humidade.
Adicionalmente, pón a disposición dos interesados unha plataforma web www.compostaconsogama.gal, a través da cal poden recabar toda a información sobre esta iniciativa e acceder a recursos divulgativos complementarios tales como contidos online, manuais, videos e xogos.
Relacionadas:
-
Sogama conmemora o Día Mundial da Educación Ambiental cunha visita virtual ao seu complexo industrial de Cerceda
Por Noticia patrocinada |
-
Baixa a produción de residuos nos concellos adscritos a Sogama
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama, distinguida por Ardán como empresa circular e de alta productividade 2020
Por Noticia patrocinada |