Normas para visitar os cemiterios nestes días de pandemia
Por Oskar Viéitez
Con motivo da próxima celebración do Día de Defuntos a Xunta de Galicia elaborou un protocolo para "minimizar o risco de transmisión" da covid-19 nos cemiterios e outros recintos.
Neste protocolo se recomenda un máximo de catro persoas por grupo da mesma familia ou conviventes e que as visitas non sexan de máis de 30 minutos.
Que as visitas non sexan de máis de 30 minutos
Pídese respectar un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados, dispoñer un sistema de control para evitar o agrupamento dos distintos grupos de visita e permitir manter o distanciamento interpersoal nas entradas.
A Xunta lembra que a situación actual "imposibilita a realización de misas de campaña nos cemiterios" e recomenda ampliar os horarios de apertura destes recintos para evitar aglomeracións, organizar a circulación de persoas con circuítos de saída e entrada, así como fomentar que as visitas se produzan nos días previos.
Además pide que se fixe unha pauta de limpeza e desinfección das superficies que poidan ser obxecto de contacto coas mans e garantir a existencia dun número adecuado de contedores para depositar os residuos, que estean abertos ou con pedal de apertura e suficientemente espaciados.
MARÍN
No caso do concello de Marín os camposantos abrirán tanto o día 31 como o 1 de novembro de 08.00 a 20.00 horas e establécese un número máximo de persoas en cada un, tendo en conta que non se superará en ningún caso o 40%.
Así no cemiterio municipal da Raña o aforo será de 940 persoas, no de Santa María do Campo: 200 persoas, Ardán: 190 persoas, Santomé de Piñeiro: 300 persoas, Mogor: 50 persoas, o evanxélico de Seixo: 40 persoas.
Relacionadas:
-
Bueu instala luminarias led no camiño lateral do cemiterio municipal
Por Redacción |
-
Os conserxes controlarán o cumprimento do aforo nos cemiterios de Marín por Defuntos
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico nos accesos aos cemiterios desde o venres ata o domingo
Por Redacción |
-
Poio deseña un dispositivo de seguridade 'anti covid' para a festividade de Todos os Santos
Por Redacción |
-
A pandemia da Covid-19 adianta a venda de flores da campaña de Difuntos
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A Policía Local controlará o aforo nos cemiterios de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Como nos organizamos para ir ao cemiterio de San Amaro o Día de Defuntos?
Por Oskar Viéitez |