Yago Souto recibe o apoio do Concello de Ponte Caldelas no seu particular 'Everest' solidario
Por Redacción
Emular o ascenso ao cume do Everest percorrendo un total de 8.848 metros de subida en bicicleta é o reto solidario que se plantexa Yago Souto, veciño do lugar de Baltar, Ponte Caldelas.
Con particular 'Everesting', como bautizou ao reto, pretende colaborar na doazón de alimentos para as familias que necesitan a axuda dos servizos sociais do Concello.
É por iso que o alcalde, Andrés Díaz, quixo brindarlle o seu apoio presentando o desafío, que levará a cabo o vindeiro sábado 31 de outubro.
Yago ten prevista a súa partida ás 6.00 horas da mañá desde o Café Emiliano, en Marcón, ascendendo polo lugar de Pintos ata o Polígono Industrial do Campiño, onde se instalará un punto de recollida de alimentos.
Trátase dun reto de resistencia no que só contarán os quilómetros completados en subida, polo que supoñerá un importante desgaste físico.