O Goberno decreta un novo estado de alarma, con toque de queda xeneralizado entre as 23.00 e as 6.00 horas
Por Diego Espiño
O novo estado de alarma é xa unha realidade, despois de que o Goberno aprobase a súa aplicación nun Consello de Ministros extraordinario convocado á primeira hora deste domingo 26 de outubro despois das peticións respecto diso dun bo número de presidentes autonómicos.
"Este nuevo estado de alarma se aprueba a petición de 10 comunidades y de Melilla", sinalou na súa comparecencia ante os medios de comunicación o presidente do estado, Pedro Sánchez, recoñecendo que "es la herramienta constitucional para situaciones extremas" e a "más eficaz para frenar la curva de contagios".
Segundo avanzou, o decreto do executivo entrará en vigor este mesmo domingo e inclúe amparo legal para establecer restricións á mobilidade co comúnmente coñecido como 'toque de queda', de maneira xeneralizada entre as 23.00 e as 6.00 horas pero que podería ampliarse desde as 22.00 horas e ata as 7.00 en función do que decida cada autonomía.
A intención do Goberno nesta ocasión é que a súa duración sexa máis longa, de 6 meses ata o principio por tanto do mes de maio, aínda que para iso primeiro teña que ser validado polo Congreso despois dos primeiros 15 días.
Trátase en todo caso dun estado de alarma diferente ao aplicado hai uns meses, na primeira onda da pandemia. Nesta ocasión "las autoridades delegadas serán desde el principio los presidentes autonómicos", confirmou Sánchez.
Ao toque de queda como principal medida únese a limitación de reunións a un máximo de 6 persoas, a restrición de viaxes entre diferentes comunidades, se así o deciden os gobernos autonómicos, e a posibilidade de que poidan ordenar a limitación da mobilidade en toda ou parte da súa rexión.
As medidas adoptaranse en función de niveis de alerta que atenderán aos valores de evolución de contaxios e outros factores. Neste sentido establecéronse catro niveles homoxéneos para todo o estado.
"En los últimos 14 días nuestro país refleja una incidencia de 362 casos por cada 100.000 habitantes", explicou Pedro Sánchez cando "nuestro objetivo es el de 25 casos por cada 100.000 habitantes".
Por último o presidente do Goberno concluíu a súa intervención inicial lembrando que nesta ocasión "no hay confinamiento general en este estado de alarma, pero cuanto más nos quedemos en casa y menos contactos tengamos más seguros estaremos".
Relacionadas:
-
Galicia poderá suprimir ou ampliar o toque de queda a partir do 9 de novembro
Por Alejandro Espiño |
-
Coñece os aspectos máis destacados do novo decreto de estado de alarma
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez pide concienciación e disciplina cidadá: "Podemos y debemos detener al virus sin detener la vida"
Por Natalia Puga |