SATSE denuncia ante a Inspección de Traballo a alta porcentaxe de profesionais de enfermería infectados por covid en Pontevedra
Por Redacción
A falta dun uniforme adecuado para os profesionais de enfermería que se atopan realizando probas na zona de Covid Auto provocou que o Sindicato de Enfermería SATSE presentara unha denuncia ante a Inspección de Traballo.
Este sindicato sinala que se enfrontan a condicións adversas como choiva, vento e baixas temperaturas mentres realizan as probas e, a pesar das queixas, desde a xerencia só dotáronlles dun polar que non lles protexe da choiva. Alertan de que continúan con zocos perforados e roupa intrahospitalaria, en lugar de utilizar pezas extrahospitalarias como se debería corresponder nesta situación. Sinalan que os días de choiva intensa, o persoal terminou empapado cos pixamas pegados ao corpo e os zocos mollados durante toda a xornada laboral.
Insisten tamén en que o xerente José Ramón Gómez da área sanitaria non atende as reclamacións do sector de enfermería tanto nas unidades de urxencias, hematoloxía e trauma de Montecelo como de diálise e oncoloxía do Hospital Provincial.
Emma Rodríguez, secretaria provincial de SATSE, afirma que non se está a ter en conta a convivencia entre profesionais nas unidades de traballo, así como o material e as superficies que comparten, á hora de tomar medidas para previr a expansión do covid-19. Esta situación, sinala, posiblemente se atope relacionada co alto número de contagios que se están rexistrando no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Rodríguez lamenta que non se tivera en conta ás enfermeiras para establecer os protocolos. Desta forma denuncia que para a elaboración do novo protocolo na unidade de Urxencias hai uns días só se pedía opinión á unidade de prevención de riscos laborais, medicina preventiva, xefe de servizo e unha doutora da unidade, pero en ningún momento se consultou cunha representante das enfermeiras, asegura a dirixente de SATSE.
Con todo, os datos demostran que o 34% dos contaxios por covid producíronse entre profesionais de enfermería, quince puntos por encima do segundo grupo de profesionais afectados nesta área sanitaria, os Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermería, cun 21%. O 20% corresponde a médicos, segundo os datos ofrecidos polos servizos centrais do SERGAS.
Emma Rodríguez pregúntase como é posible que sendo as enfermeiras as que mellor seguen os protocolos de hixiene de mans, contando coa mellor valoración nas auditorías de Medicina Preventiva, son o sector sanitario máis afectado á hora de enumerar os contaxios por coronavirus. "Non se ten en conta ás enfermeiras á hora de elaborar os protocolos. Esta xerencia destácase por obviar o criterio clínico dos profesionais de Enferermía", asegura a representante do SATSE.
O sindicato tamén critica a falta de colaboración e de información por parte da Xerencia para facilitar datos sobre os contaxios rexistrados entre as distintas categorías profesionais do Complexo Hospitalario.
Relacionadas:
-
Pontevedra necesita máis de 2.600 profesionais de enfermería para alcanzar a media europea
Por Redacción |
-
Convocan unha concentración diante do Hospital Provincial para pedir a dimisión da directiva da área sanitaria
Por Redacción |
-
SATSE denuncia ante a Inspección de Traballo a alta porcentaxe de profesionais de enfermería infectados por covid en Pontevedra
Por Redacción |
-
60 novos contaxios de Covid no inicio de semana na área sanitaria, con 683 casos activos
Por Diego Espiño |
-
O Sergas anuncia a reapertura da planta de oncoloxía pechada polo gromo de Covid no Hospital Provincial
Por Redacción |