O pleno de Poio definirá o Pazo de Besada coma equipamento público para usos de servizos sociais e culturais
Por Redacción
O pleno da corporación tratará na sesión ordinaria deste martes 27 de outubro a adscrición de ben integrante do Pazo de Besada, situado na parroquia de San Salvador, ao uso público previsto no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para acoller equipamentos destinados aos servizos sociais e culturais do concello de Poio.
O concelleiro de Urbanismo, Gregorio Agís, explica que actualmente estas dependencias xa aparecen definidas como equipamento público no planeamento vixente, pero entende que "é preciso concretar a asignación do uso que van ter as instalacións" unha vez se leve cabo o proxecto de rehabilitación do Pazo de Besada.
Esta é unha actuación que figura dentro do pacto de goberno asinado polo BNG, o PSdeG-PSOE e Avante Poio.
As obras serán financiadas a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, correspondente ao exercicio de 2020, cunha contía que roldará os 500.000 euros aproximadamente.
Unha vez sexa realidade a reforma poderanse trasladar a estas dependencias departamentos como o de Benestar Social e o do Centro de Información á Muller (CIM), que actualmente prestan servizo na Casa Rosada, de xeito que aquí xa poderían ter cabida outro tipo de iniciativas. Ademais, no proxecto tamén se contempla habilitar un aula de estudo e varios despachos.
Este punto plenario xa foi aprobado previamente pola Comisión de Urbanismo.
Relacionadas:
-
Construcciones Abal reformará o Pazo de Besada cun orzamento que roza os 530.000 euros
Por Redacción |
-
Poio saca a licitación o proxecto de rehabilitación do Pazo de Besada
Por Redacción |
-
"Ata máis ver", a iniciativa de Poio para aliviar a soidade dos seus maiores
Por Manu Otero |
-
Prevén que a remodelación do Pazo Besada comece a principios de 2021
Por Redacción |
-
O Pazo Besada acollerá unha biblioteca, un aula de estudo, un espazo para maiores e o CIM
Por Redacción |