Sumar "likes" en Instagram ten premio no concello de Marín
Por Redacción
A situación sanitaria obríganos a buscar alternativas para gozar das tradicións que aínda temos por diante, como son o Samaín e a festividade do Nadal. O Concello trata de establecer novas fórmulas para implicar á cidadanía nestes momentos do calendario tan sinalados, de tal xeito que se poidan realizar actividades seguras e que teñan impacto no comercio e na hostalaría locais, que necesitan máis ca nunca a dinamización do seu consumo.
Así, as concelleiras Raquel Soage e Itziar Sanmartín presentaron este lunes o concurso que se porá en marcha por Samaín e que animará á veciñanza a disfrazarse para saír a pasear e gozar dos decorados que se colocarán, por parte da Fundación Juan XXIII e da Asociación Os Da Caña, na Finca de Briz e no Palco da Música.
Participar será ben sinxelo. Bastará con sacarse unha fotografía nalgún destes decorados entre o sábado 31 e o domingo 1 e subila a Instagram. Ao postear esta imaxe, será necesario ser seguidor do perfil do Concello de Marín nesta rede social (@concellodemarin), mencionar a conta no texto e utilizar o hashtag #SamaínMarín20.
As tres fotos que colleiten máis "Gústame" serán que as que reciban os tres vales de compra, a canxear nos establecementos locais adheridos a Marín en Rede. Estes vales terán un valor de 150, 100 e 75 euros, respectivamente.
Aínda que as fotos deben ser subidas na fin de semana, haberá de marxe até o martes, día 3 de novembro, para que a xente poida interactuar e axudar aos participantes a conseguir estes vales, que poderán canxearse en calquera dos locais comerciais ou de hostalaría que se pode atopar no directorio online do Concello.
A finais de semana, o Concello fará públicos os gañadores, aos que se lles fará entrega destes vales de compra. Con esta campaña de dinamización, búscase incentivar a creación dun "ambiente virtual" de Samaín que redunde, finalmente, no consumo na economía local, que agora máis ca nunca precisa de reactivar a súa actividade.
DECORAR EN NADAL TEN PREMIO
Seguindo esta mesma filosofía de apoio ao comercio, o Concello traballa noutro concurso, desta vez a través dun xurado tribunal, co que incentivar a participación tanto do comercio e da hostalaría como dos particulares nesta festa.
O concurso consistirá en avaliar os mellores escaparates decorados con motivos navideños, na categoría comercial, e os máis traballados decorados dos balcóns, portas e casas da veciñanza, na categoría dos particulares.
Así a todo, este concurso aínda está a traballarse por parte do Goberno local, polo que se irán avanzando máis detalles a medida que se achegue a época de Nadal. O que si é seguro é que os premios consistirán tamén en vales canxeables por compras no comercio e a hostalaría da vila.
Relacionadas:
-
Este ano tampouco se celebrará o Samaín da Finca de Briz
Por Redacción |
-
Marín convoca o Concurso de Decoración de Nadal e anuncia a suspensión do Mercado tradicional
Por Redacción |
-
Animan a gozar de Marín a pé polas cinco rutas de sendeirismo do municipio
Por Redacción |
-
O comercio local, coas mans atadas diante do seu Halloween máis terrorífico
Por Manu Otero |
-
Marín opta por suspender a gran festa do terror na Finca de Briz e festexará o Samaín con decoración
Por Redacción |