Preto dun millar de pontevedreses gardan corentena nos seus domicilios
Por Oskar Viéitez
Os casos covid positivos este luns en Pontevedra son 270. Isto supón 26 contaxiados máis que o domingo. A día de hoxe hai 963 persoas en seguimento estreito.
A pesar destes 270 casos activos e de que case un millar de cidadáns gardan cuarentena nas súas vivendas o Concello de Pontevedra tan só recolle o lixo porta a porta en seis domicilios con casos activos de coronavirus. Así o informou este luns en rolda de prensa a portavoz do Goberno Local, Anabel Gulías.
Os veciños infectados de covid-19 deberán tratar os seus residuos nunha bolsa aparte. E para a recollida específica do lixo terán que poñerse en contacto coa Policía Local a través do seguinte número de teléfono: 986 833 080.
A Boa Vila segue en nivel de alerta 3, en cor vermella no mapa de casos confirmados por PCR nos últimos 7 días. Tamén están neste máximo nivel de alerta outros municipios da contorna como Marín, Poio e Vilagarcía.
No caso de Poio este lunes notifica 51 casos activos. Estáselle a facer seguimento a 154 contactos estreitos.
En Marín, hoxe hai 44 casos activos, catro máis ca onte, e hai 138 contactos en seguemento.
En Vilagarcía de Arousa son 71 os casos activos este luns e hai 211 contactos en seguemento.
En Vilanova no hai novos contaxios nesta xornada. Cunha alta médica, o número de casos en activo é de 26.
En Sanxenxo os casos activos de covid son 18, un menos que este domingo.
Cambados ten este luns 24 casos, tres máis que onte.