Ponte Caldelas aumenta a partida destinada ao servizo de axuda no fogar
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Concello de Ponte Caldelas anuncia que vai incrementar a partida de atención a persoas maiores e dependentes de cara ao orzamento municipal de 2021. Deste xeito, para o servizo de axuda no fogar destinaranse 265.000 euros, o que supón unha suba de dez mil euros con respecto ao ano actual.
Desde o Concello informan que nos últimos exercicios foise aumentando a partida destinada a este servizo. Para o alcalde, Andrés Díaz, a atención ás persoas maiores e dependentes "é unha prioridade" que se demostra co incremento ano a ano da partida destinada nos orzamentos para este fin.
O alcalde de Ponte Caldelas lembra que o servizo de axuda no fogar é unha competencia estatal que foi transferida ás comunidades autónomas, que asumen parte do custo do servizo e outra parte téñena que custear as propios concellos.
Deste xeito, lembra Díaz que Ponte Caldelas está a asumir algo máis de 5 euros por cada hora de servizo, xa que a Xunta "transfírelle aos concellos uns 9,40 euros/hora cando o custo real do servizo se sitúa nuns 14,50 euros/ hora".
O PP CONSIDERA QUE O AUMENTO É UNHA "LIMOSNA"
O aumento anunciado polo alcalde é, segundo o Partido Popular, unha "limosna" que non resolve a lista de espera que hai neste servizo e que non poden ser beneficiarios porque o Concello "non consume unhas 350 horas mensuais do total das horas que lle paga a Xunta para atender estes casos no municipio".
Os populares consideran que se debería adicar todo o orzamento que durante as pasadas festas de Fin de Ano se destinou nunha noite, máis de 40.000 euros, a "mitigar" esta cuestión. Instan ademais a Andrés Díaz a dotar "dunha vez por todas" de persoal para atender os servizos sociais que, debido á pandemia, está "desbordando por completo".
Ponte Caldelas, por poboación e polo aumento da demanda de usuarios de servizos sociais, debería contar como mínimo con tres persoas cualificadas, engade o PP; en lugar da única traballadora que hai na actualidade.
Relacionadas:
-
Aumentan a partida para o SAF en Ponte Caldelas con críticas á Xunta por non asumir o custo do servizo
Por Redacción |
-
Andrés Díaz responde ás críticas sobre os retrasos no Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas destina 70.000 euros aos seus clubs e á organización de eventos deportivos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas incrementará a partida de emerxencia social ata os 35.000 euros
Por Redacción |
-
O 70% dos participantes nun curso de axuda no fogar serán contratados
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas asina un convenio coa empresa que xestiona o SAF que favorecerá a contratación de 20 veciños
Por Redacción |
-
Unha empresa pontevedresa xestionará o SAF de Ponte Caldelas
Por Redacción |