Pontedetapas trasládase a despois do Nadal e no seu lugar fomentarase o 'tempraneo'
Por Redacción
A actual situación sanitaria leva ao Concello de Pontevedra a adiar a celebración do certame gastronómico Pontedetapas ata despois do Nadal.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, afirmaba tras adoptar esta decisión que se trata "dun pequeno paso atrás para coller pulo" e deseñar unha proposta "que será moi potente e, sobre todo máis necesaria que nunca, coincidindo cun período no que tradicionalmente a hostalería da cidade xa soe sofrer un considerable baixón de actividade".
A XIII edición do programa Pontedetapas celebrarase "despois de Reis e farao con forza, cando a pandemia estea controlada, poidamos desfrutar con calma desas deliciosas tapas e os establecementos de hostalería precisen máis que nunca o noso apoio e solidariedade", manifestada a edil socialista.
Por outra banda, desde a Concellería de Promoción Económica e Turismo estase a traballar co colectivo dos hostaleiros para poñer en marcha a través da plataforma #PonteLovers "unha iniciativa absolutamente novidosa, que se adapta como unha luva aos cambios de costumes que estamos a vivir e que permitirá estender este tipo de concursos a outros horarios menos habituais e a máis establecementos: o Pontealmorzo".
‘TEMPRANEO’ E ‘MERENDA-CEA’
Neste mesmo sentido, a concelleira adianta que #PonteLovers tamén estuda poñer en marcha unha campaña para animar ao consumo nos locais de hostalería nas horas do serán: "fomentar o ‘tempraneo’ entre a clientela, é dicir, a adaptación dos costumes de cea a un horario máis europeo, de xeito que as restricións na mobilidade nocturna non muden a nosa cultura gastronómica e non se resinta en restaurantes e outros negocios".
Tal e como apunta Yoya Blanco, "non se trata de algo tan novo para nós, xa que do que se trata é de promover a ‘merenda-cea’, que é un concepto moi noso, tanto como para os británicos o brunch, e que eu particularmente levo practicando dende que teño uso de razón".
Relacionadas:
-
Volve PontedeTapas para incentivar a hostalería na tempada previa ao Nadal
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Que establecementos compiten na primeira edición de PonteAlmorzo?
Por Redacción |
-
Adiada a decembro a exposición de fotografía do programa "Atende ao Teu"
Por Redacción |
-
Os hostaleiros impulsan un servizo de mediación para reducir os alugueres dos locais
Por Redacción |
-
Os hostaleiros de Pontevedra, entre a necesidade, unha clientela desbocada e a presión policial
Por Manu Otero |
-
O 'Mare Nostrum' de El Cafetín e o bacallau con coliflor de Casa Román, gañadores de Pontedetapas 2019
Por Alejandro Espiño |