Galicia poderá suprimir ou ampliar o toque de queda a partir do 9 de novembro
Por Alejandro Espiño
A partir do próximo 9 de novembro, cando se cumpran dúas semanas da súa entrada en vigor, o Goberno deixará en mans das autonomías se continúan ou non aplicando o toque de queda decretado en toda España para frear o aumento dos contaxios da covid-19.
Esta restrición da mobilidade nocturna, no caso de Galicia, está vixente entre as once da noite e as seis da madrugada e, aínda que a Xunta tiña potestade para variar lixeiramente esta franxa, anunciou que respectará as horas decretadas polo executivo central.
Cando expire o actual toque de queda, o goberno de Alberto Núñez Feijóo, do mesmo xeito que o resto de comunidades autónomas, poderá decidir se continúa aplicando este toque de queda, se o amplía ou reduce en duración ou se o suprime definitivamente.
Ese foi o único cambio que introduciu o Goberno no decreto que deberá aprobar o Congreso dos Deputados para prorrogar o estado de alarma durante seis meses, segundo informou a ministra portavoz do executivo de Pedro Sánchez, María José Montero.
"A partir do momento da aplicación desta extensión do decreto de alarma, quedará a criterio, a xuízo de cada autoridade competente delegada, é dicir, de cada presidente autonómico, cales son as limitacións de mobilidade que se teñen que establecer en cada comunidade, á vista da evolución da pandemia", explicou Montero.
O que pretende o Goberno, dixo a portavoz, é "dar un amparo constitucional" ás medidas que van ir aplicando as autonomías, "sempre en función de datos epidemiolóxicos", e superar a segunda onda da pandemia do coronavirus.
Montero recoñeceu o cansazo da cidadanía, pero considerou "imprescindible" que se cumpran as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias.
Relacionadas:
-
Un estudo sobre a covid-19 realizado en Pontevedra, premiado a nivel nacional
Por Redacción |
-
"Hablar de un estado de alarma y un toque de queda es demoledor para la economía de España"
Por Oskar Viéitez |
-
Coñece os aspectos máis destacados do novo decreto de estado de alarma
Por Redacción |
-
O Goberno decreta un novo estado de alarma, con toque de queda xeneralizado entre as 23.00 e as 6.00 horas
Por Diego Espiño |