Ponte Caldelas mantén o seu tradicional magosto na última fin de semana de outubro
Por Redacción
A situación sanitaria é compatible coa participación no magosto que, cada ano, se organiza en Ponte Caldelas, e que nesta ocasión, máis ca nunca, vai ter o propósito de relanzar as compras no comercio local.
O venres 30 e o sábado 31 de outubro as rúas de Ponte Caldelas acollerán este particular magosto, no que un castañeiro repartirá castañas asadas de maneira gratuíta a todas as persoas que se acheguen ata o casco urbano.
Esta iniciativa parte da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas (Coempo) e conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas.
O alcalde, Andrés Díaz, e o presidente de Coempo, Suso Peleteiro, xunto a outros integrantes da directiva, presentaron esta campaña de dinamización do comercio local que prevé repartir centos de cornetes de castañas entre a veciñanza de Ponte Caldelas e a clientela dos comercios do municipio.
Para tranquilidade das persoas que asistan ao magosto, desde o Concello lémbrase que diariamente realiza, de luns a sábado, labores de desinfección no casco urbano para garantir que mercar no comercio de Ponte Caldelas é seguro.
Relacionadas:
-
O magosto celébrase na zona comercial en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O Concello e os comerciantes de Ponte Caldelas reeditan a súa colaboración
Por Redacción |
-
Dúas campañas para animar as compras en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
As castañas chegan este ano a Ponte Caldelas máis solidarias ca nunca
Por Redacción |