O vicerreitorado ofrecerá axudas de emerxencia a aqueles alumnos aos que a crise impida continuar os seus estudos
Por Oskar Viéitez
A vicerreitora do Campus de Pontevedra, Antonia Blanco, anunciou que a Universidade de Vigo ofrecerá axudas de emerxencia a aqueles alumnos aos que a crise impida continuar os seus estudos. Así llelo trasladou aos alumnos de primeiro curso da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte durante o acto de benvida celebrado este luns.
"Sabedes que estamos a pasar momentos malos, que haberá persoas que estean estudando con moitas dificultades. Ás portas do vicerrectorado están abertas para quen teña calquer problema sobrevido polo momento económicos dous pais ou deles mesmos", dixo Antonia Blanco "hai unhas axudas de emerxencia para persoas que non medio do curso ou non principio do curso poidan ter ter algún problema económico, coa matrícula ou co que sexa. Estamos abertos para que podades vir por alí para que se estude o voso caso". O anuncio foi acollido cun aplauso espontáneo dos alumnos.
A contía máxima da axuda por alumno será de 2.000 euros, cantidade na que se inclúe o pago de matrícula, incluídos os posibles recargos a que dese lugar con posterioridade á situación sobrevida.
Xunto á vicereitora neste sinxelo acto de benchegada participou a decana da facultade, Francisca Fariña e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen invitou a todos os estudantes a gozar e facer súa a cidade.
"Pontevedra é unha cidade especial, non podía ser doutra maneira sendo eu ou alcalde", chanceou Fernández Lores "é unha dás cidades máis relacionadas coa actividade física é o deporte de todo o Estado" e enumerou os medallistas olímpicos e paraolímpicos, ao Centro galego de Tecnificación deportiva, a piscina olímpica, o río Lérez, "o ano pasado aquí tiveron sede trece campionatos de España" e o gran traballo dos clubs dende o atletismo ata o tenis de mesa "so nos falta o curling". "Teño unha espiña cravada que é o Pontevedra Club de Fútbol, pero todo se andará".