O Pleno do Concello de Poio rexeita a baixada de impostos proposta polo PP
Por Oskar Viéitez
O Pleno do Concello de Poio celebrado este martes rexeitou unha moción do Partido Popular no que se pedía unha baixada dos impostos municipais cos votos dos tres partidos que conforman o Goberno local, o BNG o Partido Socialista e Avante Poio.
O portavoz dos populares, Ángel Moldes, sinalou que "cada vez que o PP presenta unha moción solicitando a baixada de impostos, o Tripartito realiza un anuncio de bonificacións de impostos que nunca chega".
O grupo municipal do PP recorda que "a última bonificación que se aprobou en Poio foi grazas o PP de Poio co apoio de Avante Poio e coa oposición do BNG e do PSOE".
O voceiro popular califica o anuncio do Goberno local como unha "falta de respeto aos veciños" e sostén que "pese a ter conxelada a taxa de basura é a máis cara de toda Galicia e a taxa de vaos é a máis cara de toda a provincia de Pontevedra".