Poio impulsa un curso gratuíto sobre novas tecnoloxías destinado a mulleres
Por Redacción
O Centro de Formación da Reiboa, na parroquia de San Xoán, acollerá entre os días 16 e 20 de novembro o obradoiro formativo Navegar xuntas no Mundo Dixital, unha iniciativa impulsada polo Concello de Poio, a través do departamento de Promoción Económica, que busca ofrecer e fomentar procesos de empoderamento de mulleres a través das novas tecnoloxías.
Este curso gratuíto será de carácter presencial e contará con todas as medidas hixiénicas e de distanciamento decretadas polas autoridades sanidades por mor da pandemia da Covid-19. A súa duración será de 9.00 a 14.00 horas, a excepción do venres 20, que rematará ás 13.00 horas.
O uso axeitado das novas tecnoloxías, o manexo das redes sociais, como navegar por Internet con seguridade ou a procura de emprego a través de ferramentas dixitais serán algunhas das cuestións a tratar.
As mulleres interesadas en inscribirse poderán facelo chamando aos números de teléfono 986770001 (extensión 1260) ou 659783218. Tamén é posible anotarse enviando un correo electrónico á dirección promocioneconomica@concellopoio.org