Comezan os exames de setembro
Por Oskar Viéitez
Os temidos exames de setembro devolveron a actividade aos Institutos dende primeira hora da mañá.
Estudantes de Secundaria e Bacharelato enfróntanse ás recuperacións e apuran os últimos repasos para a selectividade que este ano se celebran os días 18, 19 e 20.
A día de hoxe xa son 23 as carreiras universitarias en Galicia que quedaron sen prazas, once na Universidade de Vigo, cinco na de Santiago e sete na da Coruña.
No caso dos alumnos universitarios iniciaron este luns o curso 2013/2014, mentres que os alumnos de educación infantil e primaria arrincarán o próximo 11 de setembro, os últimos en entrar nas aulas serán os de bacharelato e ESO que terán unhas xornadas máis de vacacións, ata o día 16.