A área sanitaria supera o seu teito de casos activos de Covid, con 838
Por Diego Espiño
A situación epidemiolóxica da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés segue empeorando a un ritmo preocupante, tal e como reflicten as estatísticas ofrecidas este xoves 29 de outubro polo Servizo Galego de Saúde.
Segundo eses datos a área sanitaria pontevedresa colocouse no seu pico máximo de casos activos, con 838. Son 53 casos máis que o mércores despois dunha xornada na que se sumaron 60 novos contaxios e producíronse 7 alatas epidemiolóxicas.
Este incremento segue facéndose notar na presión asistencial, xa que os pacientes hospitalizados positivos por coronavirus son xa 58, catro máis que na xornada anterior. Deles 8 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e o resto fano en planta repartidos entre o Complexo Hospitalario de Pontevedra (45), o Hospital do Salnés (3) e o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (2).
Desde o inicio da pandemia superaron a Covid un total de 2.377 pacientes da área sanitaria, rexistrándose 29 falecementos asociados ao virus segundo as estatísticas oficiais.
O Servizo Galego de Saúde confirma que na últimas 24 horas efectuáronse 781 probas PCR, que se engaden ás 62.714 realizadas con anterioridade.
A nivel autonómico, Galicia sumou 618 novos positivos, o que coloca a cifra de casos activos en 7.930 a día 29 de outubro, é dicir, 395 máis que a xornada anterior. Deles 414 (+22) atópanse ingresados en planta dos distintos hospitais e 67 (+5) en UCI.
En Galicia recibiron a alta desde o inicio da alerta sanitaria 26.270 (+236) e faleceron 889 persoas, 7 delas no último día.
Relacionadas:
-
A covid-19, sen freo en Pontevedra: 899 casos activos, tras 79 contaxios nun día
Por Alejandro Espiño |
-
Os sindicatos, contra a xerencia da área sanitaria: "Se tiveran un mínimo de vergoña, dimitirían"
Por Redacción |
-
Marín pide os seus veciños ser "máis responsables" ante a covid-19
Por Redacción |
-
Sanidade aumenta a alerta en Cambados e mantén seis municipios da área sanitaria en nivel vermello
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, abocada a novas restricións polo incremento dos contaxios por covid-19 na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Aumenta a alerta polo aumento dos contaxios en Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Bueu e O Grove
Por Alejandro Espiño |
-
Suspenden todas as operacións non urxentes da área sanitaria ao duplicarse os pacientes hospitalizados nunha semana
Por Natalia Puga |
-
Récord de contaxios por Covid na área sanitaria, con 82 novos positivos nun día
Por Diego Espiño |
-
Un home de 87 anos ingresado no CHOP, vítima 29 da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |