San Cibrán (5 de abril) volverá ser festivo local en 2021
Por Redacción
A Comisión de Cultura, Festas e Política Social do Concello de Pontevedra celebrada este xoves aprobou a proposta de festivos locais para o ano 2021.
Nesta ocasión hai un cambio significativo xa que o día de San Bieito, o 11 de xullo, que fora designado como festivo os últimos anos coincidirá nesta ocasión en domingo.
Debido a iso o goberno local decidiu recuperar como día festivo para 2021 o día de San Cibrán, que coincidirá co 5 de abril.
Ademais en 2021 repetirá un ano máis como festividade o Mércores de Cinza, que nesta ocasión caerá no 17 de febreiro.
Este acordo da comisión farase efectivo en canto sexa aprobado polo pleno municipal.