Os conserxes controlarán o cumprimento do aforo nos cemiterios de Marín por Defuntos
Por Redacción
O Día de Defuntos nos cemiterios de Marín terá un dispositivo especial para garantir o cumprimento de todas as medidas de seguridade e hixiene para previr contagios por covid-19. No Concello reuníronse este xoves as concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña, o xefe da Policía Local, Benigno Blanco; e o capataz dos enterradores, Francisco Fernando Castro.
O encontro serviu para establecer as directrices para esta xornada na que haberá aforo máximos do 40 % en cada cemiterio. A duración das visitas tamén estarán controladas, rógase que sexan inferiores a 30 minutos. Tampouco se poderá acudir en grupos de máis de catro persoas e os horarios de apertura ampliáronse de 8.00 a 20.00 horas tanto o sábado como o domingo.
Para velar polo correcto tránsito de persoas nas entradas e saídas, así como para controlar o aforo durante o domingo, haberá cinco conserxes no camposanto da Raña, dous no de Ou Campo e un no de Ardán. Ademais, o persoal de Protección Civil prestará apoio á Policía Local en todos estes lugares.
Doutra banda, o servizo de limpeza tamén se viu reforzado e levará a cabo desinfeccións nas zonas de maior contacto, nas entradas, varandas e mobiliario urbano.
Desde o Concello lembran a necesidade de ter responsabilidade individual, cumpliento con todas as medidas de prevención e hixiene establecidas: máscara, lavado de mans, prohibición de fumar a menos de dous metros de distancia e manter sempre que sexa posible a distancia de seguridade entre persoas.
Relacionadas:
-
Consulta as medidas que se aplican esta fin de semana nos cemiterios de Pontevedra
Por Redacción |
-
Normas para visitar os cemiterios nestes días de pandemia
Por Oskar Viéitez |
-
Marín pon punto os seus cemiterios para a celebración do Día de Difuntos
Por Redacción |
-
Marín publica un bando para regular o acceso aos cemiterios no Día de Defuntos
Por Redacción |