Marín pide os seus veciños ser "máis responsables" ante a covid-19
Por Redacción
A situación sanitaria en Marín, que continúa no máximo nivel de alerta polos contaxios da covid-19, levou ao goberno municipal a facer un novo chamamento á cidadanía. A alcaldesa asegurou que "temos que ser máis responsable que nunca" ante a pandemia.
A tendencia dos casos activos "debe ser unha chamada de atención para todos", sinala María Ramallo, que pide que se extremen as precaucións individuais para frear os contaxios.
Desde o Concello recordan que todos os días se realiza a limpeza e desinfección de todos aqueles lugares que supoñen un máis alto risco de contaxio pola afluencia que teñen, como centros educativos, o centro de saúde, a praza de abastos, parques ou edificios municipais.
Para a atención ao cidadán, o goberno municipal recorda que está activo o sistema de cita previa no teléfono 986 88 03 00 e recomendan que, na medida do posible, todos os trámites se fagan pola vía electrónica.
A este respecto, apuntan que o Concello puxo en marcha unha oficina de rexistro para a expedición de certificados electrónicos, para que todos os habitantes de Marín poidan realizar os trámites con calquera administración a través de internet.
Os locais municipais están pechados e as probas deportivas dispútanse a porta pechada. Tampouco se iniciaron as escolas deportivas municipais.
Ademais, a Policía Local reforzou o control das restricións, activouse o servizo de recollida de lixo a domicilio para doentes de covid-19 e ofrécese una atención extraordinaria, no caso de que se necesite, a través do servizo de axuda no fogar.
Desde o Concello piden manter en todo momento as medidas de restrición, especialmente nos ámbitos familiares e privados, nos que se están a focalizar boa parte dos contaxios. Neles, recordan que se debe respectar a limitación de reunións a un máximo de cinco persoas.
Relacionadas:
-
Cambados, que alcanza o nivel vermello, e Vilaboa aumentan a súa alerta polos contaxios de covid-19
Por Redacción |
-
Sanidade aumenta a alerta en Cambados e mantén seis municipios da área sanitaria en nivel vermello
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, abocada a novas restricións polo incremento dos contaxios por covid-19 na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria supera o seu teito de casos activos de Covid, con 838
Por Diego Espiño |