Emma Torres, única aspirante a ocupar o Decanato de Ciencias Sociais e da Comunicación
Por Redacción
O vindeiro martes 3 de novembro realizarase a votación ao decanato na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e Emma Torres, profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, será proclamada nova decana, despois de que Xosé Baamonde presentara a súa renuncia despois de ocupar este cargo desde decembro de 2015.
Emma Torres encabeza a única candidatura que se presenta a este proceso electoral. Xa ocupara este posto durante 17 meses, converténdose na primeira decana desta facultade. Pero en decembro de 2015 decidiu presentar a súa dimisión debido ás dificultades que lle supoñía compatibilizar esta actividade co papel político que desempeñaba como tenente de alcalde no Concello do Grove.
Agora, xa desligada das súas funcións no municipio ao deixar a política en marzo de 2019, quere asumir as rendas da titulación no campus pontevedrés e dar continuidade ao traballo do decano anterior, que se viu alterado pola irrupción da covid-19.
Segundo publica o DUVI, entre os seus obxectivos atópase a idea de retomar a normalidade universitaria no posible, a pesar dos condicionantes que marca a pandemia. Apoia a creación da Facultade de Dirección e Xestión Pública. Outra das súas iniciativas é a de actualizar os contidos do plan de estudos do grao en Publicidade e Relacións Públicas, que se somete este curso á renovación de acreditación.
Por último, tamén ten previsto acometer a renovación do material que se utiliza no grao en Comunicación Audiovisual.
Relacionadas:
-
O Canal de Suez provoca a eliminación de Emma Torres, decana de Ciencias Sociais, no programa Ahora Caigo
Por Redacción |
-
32 votos favorables permiten a Emma Torres volver ser decana de Ciencias Sociais e da Comunicación
Por Redacción |
-
Convocan eleccións en Ciencias Sociais tras a renuncia do seu decano
Por Oskar Viéitez |
-
José Cacabelos presenta a candidatura "con capacidade e ilusión" coa que opta á reelección como alcalde do Grove
Por Redacción |
-
Entre concelleira ou decana, Emma Torres elixe o primeiro
Por Redacción |