O TSXG confirma a condena ao empresario portugués que tentou asasinar a súa muller nun hotel
Por Redacción
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de once anos e catro meses de cárcere imposta pola Audiencia Provincial de Pontevedra ao home que o 2 de maio de 2016 golpeou cunha maza na cabeza a súa muller no interior da habitación dun hotel de Vigo.
O tribunal considera probado que o imputado, un empresario portugués, pretendía acabar coa vida da vítima ao atacala "por sorpresa e por detrás" cando estaba "desprevida" no baño. Por iso, foi condenado como autor dun delito de asasinato en grao de tentativa.
O Superior acolle o recurso da vítima, quen solicitaba que, ademais da prohibición de aproximarse a ela durante 18 anos, lle impuxesen durante o mesmo tempo a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio.
"A estimación é necesaria, en canto implica estritamente complementar as medidas de protección que resultan da condena, dos feitos probados, e da súa valoración", indica o alto tribunal galego.
Relacionadas:
-
Once anos e catro meses de prisión para o millonario portugués que tentou asasinar a súa muller nun hotel de Vigo
Por Redacción |
-
A muller agredida polo seu marido nun hotel de Vigo sofre tensión postraumática e lesións "de gran intensidade"
Por Natalia Puga |
-
Repiten o xuízo contra un millonario portugués por tentar matar á súa muller en Vigo: "Pensei que ía morrer, tiña moito sangue"
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |