A covid-19, sen freo en Pontevedra: 899 casos activos, tras 79 contaxios nun día
Por Alejandro Espiño
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non logra frear, nin moito menos, o avance da pandemia. Os casos activos por covid-19 subiron aos 899, un nivel xamais alcanzado antes. Son 61 máis que onte, segundo recolle o balance do Servizo Galego de Saúde. Nas últimas 24 horas, detectáronse 79 novos contaxios.
Ata 58 dos pacientes infectados atópanse hospitalizados. 51 están a ser atendidos en planta, 47 en Montecelo, dous no Hospital do Salnés e dous no hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra.
Os que se atopan en estado máis grave son as sete persoas que están ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 841 persoas, atópanse illados nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 2.395 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 18 máis desde onte, e rexistráronse 29 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 63.829, 1.115 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 40.750 seroloxías realizadas ata a data.
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.363, 433 máis que o día anterior. Deles 1.432 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 1.394 da de Ourense, 899 da de Pontevedra, 1.758 da área de Vigo, 1.322 da de Santiago e 757 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 69 están en UCI, 407 en unidades de hospitalización e 7.788 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 26.537 persoas curadas, rexistrándose 902 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 672.435 probas PCR e 399.699 probas serolóxicas que, nas últimas 24 horas, permitiron detectar a 696 infectados.
Relacionadas:
-
A curva non frea na área sanitaria, que pasa a barreira dos 900 casos activos de covid-19
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria alcanza os 30 falecidos por covid-19 tras morrer un paciente de 72 anos ingresado en Montecelo
Por Natalia Puga |
-
Cambados, que alcanza o nivel vermello, e Vilaboa aumentan a súa alerta polos contaxios de covid-19
Por Redacción |
-
Fernández Lores: "Teño as miñas dúbidas de que o confinamento perimetral de dous días sirva para algo"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Sanidade 'confina' Pontevedra, Marín e Poio e limita as xuntanzas só aos conviventes
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade aumenta a alerta en Cambados e mantén seis municipios da área sanitaria en nivel vermello
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, abocada a novas restricións polo incremento dos contaxios por covid-19 na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria supera o seu teito de casos activos de Covid, con 838
Por Diego Espiño |