Cambados, que alcanza o nivel vermello, e Vilaboa aumentan a súa alerta polos contaxios de covid-19
Por Redacción
Son xa sete os municipios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que se atopan no nivel de alerta 3 (vermello), o máximo polos contaxios de covid-19 detectados no últimos sete días. O último en incorporarse a esta lista é Cambados, informa o Servizo Galego de Saúde.
Nesta vila do Salnés, os casos activos por coronavirus creceron ata os 33, tras detectar sete novos contaxios. Seis deles son usuarios da residencia Nosa Señora Valvanera. Hai apenas 24 horas, Cambados xa elevara a súa alerta.
O resto dos municipios en máxima alerta continúan sendo os mesmos: Pontevedra, Poio, Marín, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior e Ribadumia.
No caso de Pontevedra, onde se aprobaron novas restricións para frear a incidencia da pandemia, hai 337 casos activos. Son oito máis que onte.
Marín, pola súa banda, ten 65 contaxiados nestes momentos, oito más que o xoves, mentres que Poio alcanza os 52 casos activos, tres menos.
No nivel de alerta 2 (laranxa) continúan os municipios de Cuntis e Cerdedo-Cotobade, igual que os últimos días. A eles súmase Vilaboa, tras os sete novos casos detectados onte.
Outros cinco concellos teñen activo o nivel de alerta 1 (amarelo). Son os de Caldas de Reis, O Grove, Sanxenxo, Bueu e Vilanova de Arousa.
En Sanxenxo informan de 19 casos activos, un máis que este xoves. En Vilanova, pola súa banda, hai 27 contaxiados -un menos que onte-.
O resto dos municipios da área sanitaria mantéñense no nivel de alerta 0 (verde), tras detectarse neles menos de sete positivos en covid-19 no últimos sete días.
Relacionadas:
-
Poio reduce lixeiramente a alerta e pasa a nivel laranxa mentres 6 concellos da área sanitaria permanecen en vermella
Por Natalia Puga |
-
Sanidade 'confina' Pontevedra, Marín e Poio e limita as xuntanzas só aos conviventes
Por Alejandro Espiño |
-
A covid-19, sen freo en Pontevedra: 899 casos activos, tras 79 contaxios nun día
Por Alejandro Espiño |
-
Marín pide os seus veciños ser "máis responsables" ante a covid-19
Por Redacción |
-
Sanidade aumenta a alerta en Cambados e mantén seis municipios da área sanitaria en nivel vermello
Por Alejandro Espiño |