Chamada de auxilio no lugar do Castrado en Cerponzóns ante a presenza de catro niños de velutinas
Por Anxo Lourido
Miles de avespas velutinas sobrevoan o lugar do Castrado, na parroquia pontevedresa de Cerponzóns. Alí, nas proximidades do río instaláronse estes perigosos insectos creando catro niños en ramas do arboledo situado a quince metros das vivendas.
A situación está a provocar nerviosismo entre a veciñanza, formado principalmente por persoas de idade avanzada que temen o ataque destas avespas, xa que moitas se achegan ás vivendas para alimentarse de flores que hai na contorna. Entre a veciñanza tamén hai algún que sofre probllemas de alerxias co consecuente perigo que supoñería unha picada.
Un dos veciños púxose en contacto co Servizo de Medio Ambiente. A resposta deixoulle sorprendido. Desde os servizos de emerxencias indícanlle que estes niños se atopan na banda de seguridade do río e non se poden eliminar por risco medio ambiental.
A pesar da insistencia, desde o departamento indícaselles que o tema está pechado porque non poden intervir nesta zona para eliminar os niños. Por este lugar tamén se desprazan moitos peregrinos seguindo o roteiro do Camiño Portugués a Santiago.
Desde a Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns reclaman unha actuación inmediata antes de que se poida producir algún accidente entre a veciñanza.
As avespas velutinas chegaron hai dez anos a España procedentes de Francia. Eliminan colmenas de abellas con facilidade e resultan unha ameaza para as persoas. Este mesmo ano faleceron un veciño de Poio, outro de Santiago e un último na Laracha (A Coruña) como consecuencia do ataque destes insectos.
Relacionadas:
-
Alertan en Cerponzóns da colonización do Castrado por niños de velutinas
Por Redacción |
-
A empresa SEAGA seguirá encargándose da retirada de niños de vespa velutina
Por Redacción |
-
Retiran nun mes un cento de niños de avespas velutinas en Ponte Caldelas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha familia de Mogor leva un mes cun niño de velutinas no exterior da súa vivienda
Por Redacción |
-
Falece un veciño de Poio de 73 anos por picaduras de velutina
Por Oskar Viéitez |
-
Vaipolorío anima a colocar trampas para frear a expansión das velutinas en leiras particulares
Por Manu Otero |