As confrarías fórmanse en prevención de riscos laborais a través dun proxecto con cargo ao Plan Social de ENCE
Por Redacción
A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores están a desenvolver o proxecto 'As agrupacións de marisqueo a pé na provincia de Pontevedra y Guía-Manual de prevención de riscos laborais na pesca artesanal e o marisqueo' grazas á axuda económica que lle foi concedida a través da III convocatoria do Plan Social ENCE de 2019.
O proxecto terá dúas liñas de actuación. Nun primeiro lugar, os obxectivos que destacan son os de establecer dinámicas innovadoras para perfeccionar a gobernanza nas agrupacións e demais colectivos de mariscadores e mariscadoras; contribuír ao mantemento do emprego existente; mellorar as condicións de traballo e fomentar a substitución xeracional dentro do marco do desenvolvemento sostible.
En canto ás actividades que realizarán neste apartado están: a elaboración dun catálogo e a realización dunha análise socioeconómica dos colectivos de marisqueo a pé da provincia, revisión documental e bibliográfica, realización dunha enquisa ás profesionais de marisqueo a pé sobre diversos aspectos da súa actividade profesional e cotiá, reportaxe fotográfica do seu labor extractivo, etc. tarefas que deron como resultado, a publicación do libro titulado 'Os colectivos de marisqueo a pé na Provincia de Pontevedra. Análise desde a perspectiva da Responsabilidade Social Corporativa'.
En relación coa segunda acción do proxecto, os obxectivos que perseguen céntranse en mellorar as condicións de traballo a bordo dos profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro; tentar diminuír o índice de sinistralidade no sector, tanto no caso de accidentes de traballo como de enfermidades profesionais; fomentar a cultura preventiva na baixura de Galicia ou dar a coñecer as boas prácticas laborais.
As accións que levaron a cabo nesta sección do proxecto, baseáronse na toma de datos e información sobre as distintas artes de pesca existentes e como se traballa con cada unha delas nos portos da provincia de Pontevedra, na realización de entrevistas a armadores e tripulantes, elaboración de material fotográfico das embarcacións, útiles de pesca ou formas de faenar, e que tiveron como resultado, a edición da publicación titulada 'Guía de Prevención de Riesgos Laborales en el Sector de la Bajura', destinada aos armadores e tripulantes da frota de baixura.
Ambas as publicacións serán distribuídas entre as 22 confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra para consulta dos seus afiliados e afiliadas e as que xa se poden consultar na web da Federación Provincial.
Desde a Federación consideran que o proxecto executado, contribuirá por unha banda, a perfeccionar o desempeño do traballo dos colectivos sectoriais do marisqueo a pé e, en consecuencia, a mellorar a calidade de vida das 2157 mariscadoras e mariscadores da provincia no marco dun desenvolvemento respectuoso e sostible, e por outra confíase en que as guías de prevención de riscos, axuden a mellorar as condicións laborais e diminúan o índice de sinistralidade no sector, estimándose como número aproximado de persoas beneficiarias directa e indirectamente da iniciativa, unas 7.500 personas relacionadas co sector pesqueiro de baixura e o marisqueo da provincia de Pontevedra.
Por último, consideran que o balance da experiencia realizada e o nivel de participación dos/ as desinatarios/ as do proxecto foi de positivo e proveitoso.
Relacionadas:
-
Europa financia un proxecto da Deputación para "empoderar" ás mariscadoras
Por Redacción |
-
As confrarías de pescadores din estar "desamparadas" polas administracións públicas
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación tramita xa as axudas ás confrarías, mariscadoras e cooperativas agrogandeiras
Por Oskar Viéitez |