A hostelería sucumbe ante as novas medidas. Pepe Solla: "Esto nos está dilapidando. Nosotros no somos el problema"
Por Almu Dapena
"Hace unos pocos días estaba contado proyectos e ideas del restaurante. Hoy tengo que comunicar algo que es lo último que me gustaría hacer pero nos vimos abocados a ello". Así comeza o emotivo vídeo que o chef pontevedrés Estrela Michelín, Pepe Solla compartiu nas últimas horas nas súas redes sociais, visiblemente afectado pola situación xerada este venres coas novas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para frear a expansión da covid-19, co peche perimetral de Pontevedra, Poio e Marín.
A situación económica e sanitaria na que se atopa actualmente o país obrigou ao sector hostaleiro a transformarse ou, no peor dos casos, a ver interrompida a súa actividade.
No caso do restaurante Casa Solla, o cociñeiro galego, que durante a primeira onda da pandemia axudou ao comedor de San Francisco ofrecendo almorzos, tomou a dura decisión de pechar de maneira temporal o negocio. "No puedo deciros cuánto y dependerá de cómo vaya evolucionando todo esto", explica a través do seu Instagram, criticando que "esta última semana el horario de cierre a las 23:00 horas nos ha mermado mucho nuestra posibilidad para dar cenas".
Aínda que fixeron o esforzo de adiantar o horario de apertura ás 20:00 horas para poder atender á clientela, tiveron moitas cancelacións de última hora. "Está muy bien que todos hagamos ese esfuerzo, pero en este país es muy complicado venir a cenar por el horario laboral, imposibilitando que la gente pase un tiempo y disfrute". "No pueden venir a cenar corriendo para irse a las 11", expón Solla.
" Nosotros no somos el problema"
O toque de queda está a ser un problema para todo o sector e, entre todos, pediron que se alongue o horario ata polo menos as 12:00 horas. A solicitude que non foi atendida, polo que "lo primero que se han caído son las reservas de la noche haciendo muy difícil nuestra actividad de restaurante", manifesta.
O cociñeiro móstrase tallante. "Ya no me creo nada ni creo a nadie a estas alturas, nosotros no somos el problema", declara á vez que ofrece os datos ofrecidos directamente polo Ministerio de Sanidade: "somos el 3,5 de las causas". Reclama que se tomen decisións "valientes para salvar la salud y también la parte de la economía, esto nos está dilapidando".
O sector hostaleiro, que se viu moi magoado na primeira onda da pandemia véndose obrigado a, en moitos casos, facer reformas nos locais para poder atender á clientela da maneira máis segura posible, agora atópase con que esta segunda volve arrastrar de cheo.
"Los restaurantes hemos sido muy responsables siempre, en la limpieza, el cuidado, ventilación. Hemos sido estrictos en las normas con mascarillas para trabajadores y clientes. Ellos han respondido, y prueba de ello está en el número de contagios", explica Solla, que arremete contra a clase política que "desde el principio ha cargado contra la hotelería".
O cociñeiro é consciente de é unha situación complicada para todo o mundo, "pero llevamos 7 meses y creo que podemos exigir que las decisiones se tomen en base a ciertas cosas". Tomáronse medidas desde un principio en todos os países,"pero tiempo después, los contagios seguían creciendo muchísimo". "Los errores, que todos cometemos, nos enseñan siempre y cuando se analice después del error", destaca á vez que demostra que as decisións tomadas "hemos visto que no han funcionado", cuestionando á súa vez que a fórmula escollida "no era la que iba a parar los contagios".
O toque de queda non foi o único que minguou o sector senón que, ao longo da mañá do pasado venres, empezaron a chegarlle os rumores de que ía haber un novo confinamento perimetral para reducir a mobilidade. "Estábamos preparando unos servicios y de pronto las reservas empiezan a caer", lamenta Solla, "unas por la imposibilidad de moverse en el confinamiento perimetral y otras por las dudas que sembraba todo esto".
"Así no puedo seguir con mi empresa, cerraremos temporalmente"
O Estrela Michelín é consciente da balanza entre a saúde e a economía, e reprende con que o que se está facendo é "ahogar y dilapidar empresas porque no podemos ejercer nuestra actividad, limitándonos hasta tal punto que nos imposibilita realizarla".
Doutra banda, reclama que se tomen "decisións mais duras para que canto antes podamos liquidar certos problemas" xa que as empresas non deixan de sufrir e, no seu caso, víronse obrigados a pechar de maneira temporal. "Así no puedo seguir con mi empresa, cerraremos temporalmente, no puedo deciros cuánto, solo hasta que la situación nos permita ejercer nuestra actividad", lamenta o cociñeiro, que buscará a forma de ofrecer o servizo a domicilio.
"Volveremos porque es lo que sabemos hacer, todos volveremos y estaremos con nuestra sonrisa"
Co corazón nun puño, pide que "seamos conscientes, ojo con las reuniones de casa, respetad las normas. Sé que la mayoría lo hemos hecho, pero pido a esa minoría que tenga en cuenta esta situación. Sed conscientes y hacerlo con la premisa de ser rigurosos en todas las limitaciones que ahora mismo tenemos".
Por último, o chef agradece o traballo de todo o seu equipo "en el que se vieron lágrimas" no momento no que lle comunicou a noticia do peche. "Queremos seguir con nuestra actividad económica y salvar la salud", polo que "volveremos porque es lo que sabemos hacer, todos volveremos y estaremos con nuestra sonrisa", conclúe.
Relacionadas:
-
Poio posiciónase ao carón da súa hostelería e traslada as súas demandas a Sanidade
Por Manu Otero |
-
A hostalería de Pontevedra baixa o enreixado e saca a tarteira
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
El Bruc bota o peche e presaxia unha fervenza de clausuras: "O negocio é insostible"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A hostalería de Pontevedra estudará mobilizacións: "a situación pasou de negativa a crítica"
Por Redacción |
-
Fernández Lores: "Teño as miñas dúbidas de que o confinamento perimetral de dous días sirva para algo"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"Diálogos con Pepe Solla", un foro de encontro cultural en Afundación TV
Por Oskar Viéitez |
-
Solidariedade confinada en táperes polas restricións da pandemia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pepe Solla e Manel Loureiro analizarán as consecuencias da pandemia nos Directos de Afundación
Por Redacción |