A hostalería de Pontevedra estudará mobilizacións: "a situación ao longo da semana pasou de negativa a crítica"
Por Redacción
O sector hostaleiro de Pontevedra, unido na Federación de Hostalería de Pontevedra (Feprohos), declárase en situación de "emerxencia" tras as últimas medidas decretadas o venres pola Xunta de Galicia, nas que prohiben no conxunto das cidades galegas as reunións de non conviventes.
Así, indican que estas medidas supuxeron un "forte pau", xa que se suman ao toque de queda aprobado xa o domingo pasado, que supuxera a cancelación de ceas e reservas hostaleiras.
O peche perimetral de Vigo e de Pontevedra, Poio e Marín e a prohibición das reunións de non conviventes aprobados o venres provocaron que os negocios se verán obrigados a pechar porque "será inviable mantelos abertos".
"A situación ao longo da semana pasou de negativa a crítica", insiste a Xunta Directiva de Feprohos, que convocou para o luns unha reunión de carácter urxente para valorar a "crítica" situación.
Nesa reunión, segundo avanzan, decidiranse as accións e recomendacións que se lle trasladarán aos socios e valorarán adoptar medidas legais ante as administracións e mobilizacións en defensa dos intereses do sector.
Relacionadas:
-
Poio posiciónase ao carón da súa hostelería e traslada as súas demandas a Sanidade
Por Manu Otero |
-
A hostalería de Pontevedra baixa o enreixado e saca a tarteira
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
El Bruc bota o peche e presaxia unha fervenza de clausuras: "O negocio é insostible"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
DEP Hostalería: cen hostaleiros únense para constatar a morte do sector e convocan unha cacerolada de protesta
Por Natalia Puga |
-
A hostelería sucumbe ante as novas medidas. Pepe Solla: "Esto nos está dilapidando. Nosotros no somos el problema"
Por Almu Dapena |
-
Sanidade 'confina' Pontevedra, Marín e Poio e limita as xuntanzas só aos conviventes
Por Alejandro Espiño |
-
A hostalería pide á Xunta que prolongue o toque de queda ata medianoite
Por Oskar Viéitez |