A área sanitaria bate todos os récords previos e suma 115 novos contaxios nun día
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés bate este domingo con fartura todos os récords previos de contaxios de covid-19 e nun só día reporta 115 novos positivos pola enfermidade.
Así se recolle no último balance oficial realizado polo Servizo Galego de Saúde, que contabiliza na área sanitaria un total de 994 casos activos, ás portas da barreira dos 1.000 e 76 máis que o sábado a pesar de en esta mesma xornada tamén recibiron o alta 39 pacientes.
Este incremento do número de casos tamén se traduce nun aumento da presión asistencial nos hospitais da área sanitaria, pois o sábado había 60 pacientes hospitalizados e este domingo son xa 64. A única nota optimista da xornada chega desde a unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, que tiña sete pacientes e agora tan só seis.
A maiores deses 6 pacientes na UCI, hai 58 pacientes ingresados en planta de hospitalización. Están repartidos da seguinte forma: 47 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 10 no Hospital do Salnés.
Os 930 casos activos restantes correspóndense con pacientes que se atopan en seguimento domiciliario.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 2.467 pacientes, 39 na última xornada, e faleceron por este virus na área sanitaria 30 pacientes.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas tamén houbo cifras récord de probas, 1.119, que fan que se efectuaron xa 65.798 desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A maiores, realizáronse 40.977 probas serolóxicas.
Os 115 novos contaxios confirmados na área sanitaria de Pontevedra supoñen o 15% dos rexistrados en toda Galicia. Así, a nivel autonómico, este domingo hai en toda Galicia 9.119 pacientes con infección activa por coronavirus tras confirmarse na última xornada un total de 775 casos por probas PCR. En total, desde o inicio da pandemia realizáronse 692.643 probas PCR e 400.838 probas serolóxicas.
Segundo os últimos datos oficiais, en Galicia hai 408 pacientes hospitalizados e 74 en unidades de Coidados Intensivos. Ata o de agora, curáronse na comunidade 27.3300 pacientes e faleceron 914.
Relacionadas:
-
A área sanitaria supera o milleiro de casos activos de covid-19 tras o segundo día consecutivo con máis de 100 contaxios
Por Natalia Puga |
-
Un home de 80 anos, vítima 31 da covid-19 na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Oito concellos da área sanitaria, en alerta vermella cun crecemento sostido de contaxios
Por Redacción |
-
A curva non frea na área sanitaria, que pasa a barreira dos 900 casos activos de covid-19
Por Natalia Puga |