Quince novos contaxios agravan a situación das residencias de Cambados e Ribadumia
Por Redacción
A incidencia da covid-19 sobre dúas residencias de maiores da área sanitaria segue agravándose. Ata quince novos contaxios detectáronse na residencia de Nosa Señora Valvanera de Cambados e na residencia que xestiona DomusVi en Ribadumia.
Así o reflicten os datos oficiais achegados este luns polas consellerías de Sanidade e Política Social, que cifran en 670 casos de coronavirus os que se rexistran en centros de toda Galicia.
Os infectados son, en total, 415 usuarios das residencias da terceira idade e 255 traballadores. A eles súmanse outros 58 contaxios en centros de discapacidade, onde contraeron o virus 32 usuarios e 26 traballadores.
A peor situación na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexístrase na residencia DomusVi de Ribadumia, onde hai 59 anciáns e 19 traballadores contaxiados. Nas últimas 24 horas, sumáronse 11 traballadores e un residente a este negativo cómputo.
Pola súa banda, tres novos traballadores da residencia Nosa Señora Valvanera de Cambados deron positivo desde onte, elevando o nivel de contaxios neste centro a un total de 16, oito anciáns e oito traballadores.
Ningunha outra residencia da área sanitaria conta nestes momentos con usuarios contaxiados pola covid-19, pero si hai outras catro con traballadores afectados.
Trátase das residencias Saraiva Senior e Soremay, ambas as dúas en Pontevedra, a residencia Ballesol de Poio e a residencia Divina Pastora de Vilagarcía, onde hai un profesional contaxiado en cada un delas. Todos se atopan illados nos seus domicilios.
Relacionadas:
-
O gromo na residencia Soremay de Pontevedra dispárase ata os 57 contaxios entre usuarios e traballadores
Por Diego Espiño |
-
Sanidade confirma dous contaxios entre os traballadores da residencia de Vilaboa
Por Redacción |
-
Un home de 57 anos e unha muller de 89, dúas novas mortes da covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Pontevedra, Sanxenxo e Marín lideran o incremento xeneralizado dos contaxios na área sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
Detectan outros 34 maiores contaxiados de covid-19 na residencia DomusVi de Ribadumia, que suma xa 66 casos
Por Natalia Puga |
-
A residencia DomusVi de Ribadumia suma xa 32 contaxios de covid-19: oito traballadores e 24 usuarios
Por Redacción |
-
Seis novos positivos en residencias da área sanitaria, en Ribadumia, Cambados e Pontevedra
Por Natalia Puga |