Vilaboa investirá 243.000 euros en obras para mellorar os servizos antes de final de ano
Por Redacción
O Concello de Vilaboa desenvolverá ata final de ano unha serie de obras para mellorar o abastecemento, a iluminación e o asfaltado nos seus viais.
Estas actuacións sobre a rede viaria do municipio e a subministración de servizos contan cun importe global de 243.000 euros.
Neste momento, está en execución a primeira fase da rede de abastecemento ao núcleo de Toural, cun investimento de 176.000 euros. Esta actuación redundará nunha mellora considerable deste servizo para os residentes nesta zona, xa que se solucionarán as deficiencias derivadas das captacións de pozos privados. Así mesmo, esta obra achegará o servizo municipal de auga a outro gran consumidor do concello, a fábrica de conservas de peixe e marisco Connorsa.
O Goberno municipal ademais executou o asfaltado dunha pista en Portela (Bértola) e outra no lugar de Larache, cun importe total de 45.000 euros. En Bértola, está a acometer tamén unha mellora na rede de iluminación valorada en 22.000 euros, no lugar de Cerqueiro.
Relacionadas:
-
Vilaboa proxecta a renovación do pavillón do Toural e a pavimentación de varias estradas
Por Redacción |
-
O primeiro treito da A-57 estará rematado a finais de 2022
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Os viais afectados polas obras de construción da subestación da rede eléctrica en Bértola reformaranse en novembro
Por Redacción |
-
A Xunta achegará 48.000 euros a catro comunidades de usuarios de auga de Vilaboa
Por Redacción |