O Sergas asegura que a actividade cirúrxica na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés xa está normalizada
Por Redacción
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés normaliza a súa programación cirúrxica no Hospital de Montecelo toda vez que, segundo o Sergas, controlouse o brote do servizo de Oncoloxía e efectuouse un posterior cribado xeral tanto a pacientes como a profesionais do Provincial.
Ademais aseguran que o actual nivel de ocupación de camas do CHUP xunto coa dinámica asistencial facilitou a recuperación da actividade.
Sinalan desde a área sanitaria que a actividade cirúrxica nos hospitais Provincial e do Salnés non se viu suspendida durante o brote, circunstancia que si afectou á programación de Montecelo onde se chegaron a suspender a actividade de tres quirófanos pola necesidade de camas de hospitalización covid.
Xa esta semana, no centro pontevedrés recuperouse a actividade cirúrxica salvo un quirófano. Subliñan desde o Sergas que a actividade de intervenciónes no CHUP entre o 19 de outubro e o 1 de novembro alcanzou as 522 operacións, só 14 menos que durante as mesmas datas do mesmo período do 2019.
Lembra o Sergas que a adopción de medidas preventivas que garantan a protección da saúde obrigou a tomar esta decisión organizativa provisional de pospoñer intervencións cirúrxicas non urxentes en Montecelo para priorizar o control da situación.
Relacionadas:
-
O gromo en Pneumoloxía de Montecelo mantén a tres médicos positivos e catro en corentena
Por Oskar Viéitez |
-
Suspenden todas as operacións non urxentes da área sanitaria ao duplicarse os pacientes hospitalizados nunha semana
Por Natalia Puga |
-
O Sergas anuncia a reapertura da planta de oncoloxía pechada polo gromo de Covid no Hospital Provincial
Por Redacción |
-
Inspección de Traballo investigará a situación das Urxencias de Montecelo tras a repunta de covid-19
Por Oskar Viéitez |