Unha decena de centros educativos participan en Pontenciencia a partir do luns 9 de novembro
Por Redacción
Do 9 ao 16 de novembro, Pontevedra acollerá unha nova edición de Pontenciencia, que chega ao seu sétimo aniversario. Está prevista a participación dunha decena de centros educativos atendendo a todos os protocolos sanitarios derivados da situación provocada pola presenza da covid-19.
Por este motivo, durante esta edición non se celebrará a feira expositiva e realizaranse as actividades individualizadas para cada grupo participante, que contarán cun máximo de 25 escolares, de quinto e sexto de Primaria.
Entre as cuestións que se exploran este ano se atopa a ciencia sonora, o papel das mulleres científicas, as novas tecnoloxías aplicadas aos incendios forestais, a cerámica prehistórica, unha chamada ao SOS á Terra, a teledetección ou o coñecemento do ceo nocturno e a creación dun planifesferio terrestre.
A concellería de Educación e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) do Ministerio de Ciencia, Innvoación e Universidades impulsan esta semana de Pontenenciencia 2020 que leva como lema "Que o coñecemento non pare!".
Tino Fernández, concelleiro de Educación, sinala que esta proposta permite desenvolver o pensamento investigador. As actividades desenvolveranse de maneira individualizada na Escola Universitaria de Forestais do campus de Pontevedra e en dez centros educativos: CFEA Lourizán; CPR Plurilingüe Sacro Corazón de Jesús (Primaria e Secundaria); CEIP Plurilingüe Froebel; CEIP San Martiño; CEP Marcos da Portela; CEIP Praza de Barcelos; IES Luís Seoane; CEIP Parada-Campañó; CEIP San Benito de Lérez e CEIP A Xunqueira II.
Relacionadas:
-
As investigacións sobre presenza de microorganismos no aire, maioritarias en Pontenciencia 2021
Por Redacción |
-
Liques, incendios e moita matemática para abrir unha Pontenciencia marcada pola pandemia
Por Redacción |
-
O centro educativo da ONCE en Pontevedra imparte unha sesión formativa online para un máster da Uvigo
Por Redacción |
-
Pontenciencia transfórmase nunha semana de actividades de divulgación
Por Redacción |
-
Arranca a VII edición de Pontenciencia coa participación de trece colexios
Por Boris Rodríguez Pintos |