Para presumir de ser Vilas en Flor, Caldas de Reis e Cuntis
Por Redacción
A través dun acto virtual, este mércores os Concellos de Caldas de Reis e de Cuntis recibían as distincións da terceira edición do Certame Vilas en Flor Galicia, que organiza a Fundación Juana de Vega.
Os dous municipios renovaron as "flores de honra" coas que xa contaban desde a edición de 2019. Caldas conta con tres mentres que Cuntis pode presumir de dúas distincións coas que se recoñece a traxectoria e o esforzo que as dúas Vilas Termais realizan para mellorar os seus espazos verdes en zonas urbanas e a xestión sostible con medidas de educación e sensibilidade ambiental.
Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas, mostraba a súa alegría polo recoñecemento que ampara as iniciativas para poñer a riqueza natural, paisaxística e a infraestrutura verde do municipio. O xurado destacou a restauración do Xardín Botánico e da Carballeira. Tamén fai mención ao mantemento e limpeza de zonas verdes, traballos realizados con persoal propio do Concello. A isto súmase tamén unha referencia ás actuacións artísticas en espazos urbanos do Camiño Portugués a Santiago.
Pola súa banda, o alcalde de Cuntis Manuel Campos sentía moi satisfeito porque a vila renovase os dous galardóns. E manifestou que esta distinción pon de relevo o interese do goberno local polas políticas ambientais e sostibles para mellorar a calidade de vida dos residentes. O xurado destacaba as actuacións de xardinería desenvolvidas ao redor da casa señorial que acolle á Biblioteca Municipal, que contén diversas flores achegando colorido a este espazo.
Relacionadas:
-
O certame 'Vilas en Flor' celebrará a súa gala en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Q de Calidade para o xardín botánico e a carballeira de Caldas como "espazo público singular"
Por Redacción |
-
O xurado de Vilas en Flor Galicia examina os espazos verdes de Caldas para outorgar os seus distintivos
Por Redacción |
-
Caldas e Cuntis, Vilas en Flor
Por Redacción |