Portas, primeira parada da xira da 'Caravana Morada' pola igualdade
Por Redacción
O Concello de Portas converteuse este mércores en punto de partida para a 'Caravana Morada' pola igualdade e contra a violencia de xénero que percorrerá 16 municipios da comarca e que parte da iniciativa desenvolvida polo GDR Salnés-Ulla-Umia.
A primeira das paradas realizadas coincidiu coa entrada no centro educativo dos nenos e nenas acompañadas por pais e nais, aos que se lles entregou unha pulseira conmemorativa e material divulgativo desta iniciativa a favor da igualdade.
Ao longo da xornada, a caravana foi desprazada á contorna do Centro de Saúde e do Consistorio.
"O 80% dos casos de violencia que se dan nas poboación rurais non son denunciados nin ante as autoridades correspondentes nin na propia contorna da vítima, o que nos leva a ter que actuar todos da man para axudar e animar ás mulleres a que perdan o medo e anímense a denunciar porque teñen que saber que non están soas e que non é un problema individual senón de toda a sociedade", declarou o alcalde, Ricardo Martínez, acompañado do tenente de alcalde, Alfonso Vázquez, e da xerente do GDR, Arancha Pérez.