Vilaboa, O Grove e Mondariz Balneario, exemplos para toda España de boa xestión de compostaxe
Por Redacción
O Grove, Vilaboa e Mondariz Balneario, tres municipios que forman parte do plan 'Concellos Revitaliza' son o exemplo a seguir escollido no I Foro dixital sobre compostaxe descentralizada para mostrar a concellos de toda España como se cumpren coas esixencias da Unión Europea en materia de reciclaxe para este 2020.
O Foro dixital, organizado por Composta en Rede, que substitúe ao seminario anual presencial desta coordinadora desenvólvese coa intención de compartir experiencias acumuladas no tratamento de residuos orgánicos durante o último ano.
A organización alerta de que os obxectivos finais están lonxe de ser logrados e por este motivo especialistas compostadores da Deputación e do Concello do Grove explicaron como están a executar as actividades propostas para reciclar o 50% do contido da bolsa do lixo.
Para incentivar os proxectos de compostaxe doméstica e comunitaria desenvolveranse catro sesións ao longo de novembro para motivar a responsables políticos e técnicos doutras localidades coa intención de que inclúan iniciativas de compostaxe nos seus plans de xestión de residuos.
No caso de Vilaboa, o técnico da Deputación Agustín Vidal lembra que en 2019 tratáronse nos centros de compostaxe comunitaria ao redor de 162 toneladas de materia orgánica e restos vexetais, ademais duns 400-600 metros cúbicos de fracción vexetal tratada no Monte do Cabalo, para obter unhas 35 toneladas de compost.
O Plan Revitaliza da Deputación atende neste municipio a 19 grandes produtores de hostalería e industria. Hai 1.186 composteiros individuais repartidos en vivendas e realizáronse máis de 3.900 visitas a domicilio, que se suman a accións divulgativas tanto para adultos como para escolares coa intención de sensibilizar sobre este tema. Nun período de participación aínda voluntaria, a mellora dos cocientes de separación establécense ao redor do 30%.
Relacionadas:
-
O Plan Revitaliza permite a Vilaboa mellorar as instalacións de Monte do Cabalo e renovar o parque móbil
Por Redacción |
-
Máis de 8.000 escolares participaron este 2020 en actividades do Plan Revitaliza
Por Redacción |
-
A compostaxe, un "potencial aliado" contra os incendios forestais
Por Redacción |
-
O Plan Revitaliza inicia o curso nos centros de ensino
Por Oskar Viéitez |
-
A compostaxe revélase coma un importante nicho de emprego con moitas saídas
Por Redacción |
-
Os concellos na fase 2 do Plan Revitaliza poderán cumprir este ano cos obxectivos de reciclaxe da Unión Europea
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |