O avance da covid-19 na área sanitaria: 938 PCR's, 93 novos positivos e 1.137 casos activos
Por Natalia Puga
A covid-19 continúa o seu avance imparable na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que este xoves suma xa 1.137 casos activos e 78 pacientes hospitalizados.
Segundo o último balance do Servizo Galego de Saúde, na última xornada realizáronse 938 probas PCR' s e detectáronse 93 novos positivos entre pacientes da área sanitaria.
Eses 93 novos contaxios, descontados os 53 pacientes que recibiron a alta médica, deixan a cifra total de 40 casos activos máis en toda a área sanitaria. Deles, 1.059 evolucionan nos seus domicilios baixo seguimento médico e en illamento, mentres que 78 están nos hospitais.
En concreto, este xoves hai un paciente máis nos hospitais que o mércores. En concreto, hai 4 pacientes con covid-19 na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, un menos que o mércores, e 72 ingresados en planta de hospitalización, dúas máis que o día anterior.
Os pacientes ingresados en planta están distribuídos da seguinte forma: 56 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 15 no Hospital do Salnés.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 2.654 pacientes, 53 na última xornada, e faleceron por este virus na área sanitaria 33 pacientes.
En canto a realización de PCR’ s, as 938 realizadas nas últimas 24 horas elevan a 68.949 as xa efectuadas desde o inicio da pandemia.
A nivel autonómico, este xoves o Servizo Galego de Saúde reporta 9.895 casos activos de coronavirus tras detectar nas 24 horas anteriores 734 casos confirmados por probas PCR. Descontados os pacientes que recibiron o alta no mesmo período, supón que hai 253 casos activos máis na comunidade.
Segundo este balance, hai 498 pacientes hospitalizados e 79 en unidades de coidados críticos de toda Galicia.
Ata o momento, desde o inicio da pandemia curáronse en Galicia 28.964 pacientes e faleceron 960 persoas. En total, tiveron ou teñen a enfermidade 39.818 persoas, realizáronse 722.912 probas PCR e 403.599 probas serológicas.
Relacionadas:
-
O avance da covid-19 na área sanitaria: 94 novos casos positivos, 74 pacientes ingresados, 4 na UCI
Por Redacción |
-
Sanxenxo alcanza por primeira vez a alerta vermella pola covid-19 tras duplicar os contaxios nunha semana
Por Alejandro Espiño |
-
Lores, crítico coa xestión sanitaria da pandemia: "Houbo xente que non fixo o que tiña que facer"
Por Alejandro Espiño |
-
"Canto máis pechados estamos, máis podemos movernos. Non é comprensible"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A residencia DomusVi de Ribadumia rexistra outros 9 usuarios e 3 traballadores positivos por covid
Por Oskar Viéitez |
-
A presión asistencial segue crecendo na área sanitaria, que ten 77 pacientes hospitalizados
Por Natalia Puga |