TIC Emprendes ofrece alternativas laborais para que a xente moza quede no rural
TI© EMPRENDES é un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia. O seu obxectivo é formar 390 persoas mozas en 26 accións formativas específicas e de emprendemento, co fin de vinculalas co seu entorno e evitar o despoboamento do rural.
A QUEN ESTÁ DIRIXIDO?
- Mozas e mozos entre de 16 a 30 anos
- Inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- Desempregadas coa tarxeta de demandante de emprego
- Non integradas no sistema de educación ou formación
- Residentes nos concellos rurais (con cor no mapa)
QUE OFRECE?
- Formación en materias específicas de cada zona
- Formación para o autoemprego e o emprendemento
- Titorías personalizadas para a procura de emprego
- Asesoramento para a creación da túa propia empresa
- Axuda económica de 13,45 € por cada día de asistencia
ACCIÓNS FORMATIVAS OFERTADAS
No marco do proxecto TI© EMPRENDES desenvolveranse 26 accións pertencentes a 11 itinerarios formativos, e que inclúen formación específica e formación en emprendemento, xunto con titorías de orientación profesional, autoemprego ou creación de empresas.
A duración de cada acción formativa é de 125 horas lectivas, a razón de 5 horas diarias de formación presencial. As accións formativas son as seguintes:
- Aplicacións móbiles
- Venda de Produtos e Servizos Turísticos
- Operacións Básicas de Pisos en Aloxamento
- Creación e xestión de Tendas en liña
- Servizos de Bar e Cafetería
- Organización e Xestión de Almacéns
- Márketing Dixital
- Guía por Itinerarios en Bicicleta
- DJ (intensivo)
- Contidos dixitais: Imaxe, Vídeo e Videoxogos
- Monitor Deportivo: Acondicionamento Físico en Grupo con Soporte Musical
COMO SE PODE PARTICIPAR?
O procedemento para a preinscrición rexerase polo establecido nas bases de selección das persoas participantes no proxecto TI© EMPRENDES.
Poderás inscribirte en calquera das accións formativas, xa sexan no concello no que estás empadroada/o ou nas de calquer outro municipio participante.
Preme no seguinte enlace para acceder á solicitude de participación no proxecto TI© EMPRENDES
ACCIÓNS FORMATIVAS E LUGARES DE IMPARTICIÓN
— Zona 1 (A Illa de Arousa, Meaño, Meis e Portas): Aplicacións móbiles / Venda de Produtos e Servizos Turísticos / Operacións Básicas de Pisos en Aloxamento
— Zona 2 (Pontecesures, Catoira, Cuntis e Valga): Tendas en liña / Servizos de Bar e Cafetería / Organización e Xestión de Almacéns / Márketing Dixital / Guía por Itinerarios en Bicicleta
— Zona 3 (Forcarei e Silleda): Aplicacións Móbiles
— Zona 4 (Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces): DJ (intensivo)
— Zona 5 (Barro, Moraña, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade): Guía por Itinerarios en Bicicleta / Imaxe, Vídeo e Videoxogos / Servizos de Bar e Cafetería / Márketing Dixital
— Zona 6 (Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz e Mondariz-Balneario): DJ (intensivo) / Monitor/a Deportivo/a: Acondicionamento Físico en Grupo con Soporte Musical / Guía por Itinerarios en Bicicleta / Aplicacións móbiles / Tendas en Liña
— Zona 7 (Covelo, As Neves, Arbo, A Cañiza e Crecente): Monitor Deportivo: Acondicionamento Físico en Grupo con Soporte Musical / Servizos de Bar e Cafetería / Imaxe, Vídeo e Videoxogos
— Zona 8 (Oia e O Rosal): Guía por Itinerarios en Bicicleta / DJ (intensivo) / Márketing Dixital / Aplicacións Móbiles
- Preme no seguinte enlace para acceder ás bases da convocatoria TI© EMPRENDES