Sanxenxo pecha parques e pistas deportivas diante do repunte de casos de covid
Por Oskar Viéitez
O goberno local do Concello de Sanxenxo acordou este venres incrementar as restricións no municipio tras contabilizar 50 casos activos de Covid, a cifra máis alta das rexistradas durante a pandemia no municipio ata o momento.
A partir de primeira hora desta tarde, o servizo de Emerxencias procederá ao precinto dos parques infantís, o skatepark e as pistas deportivas ao aire libre para evitar a expansión do virus.
O goberno local decidiu, ademais, suspender, ata novo, aviso toda actividade sociocultural no termo municipal para reducir ao máximo os riscos de contaxio e o número de casos. Polo momento, a Consellería de Sanidade non decretou restricións perimetrais para Sanxenxo, que se atopa desde onte en alerta vermella, unha cuestión que depende da incidencia acumulada dos casos no últimos sete e catorce días.
As actividades que se manteñen como a Escola de Música reforzarán o seu protocolo anticovid e non se descarta que, se a situación empeora, retómese a teledocencia como xa se fixo durante o confinamento.
O alcalde, Telmo Martín, incide en que "a evolución dos últimos días é moi mala e o que facemos dende o Concello é tomar unha serie de medidas para reducir a posibilidade de contaxios en espacios onde hai máis aglomeracións de persoas. É preciso aumentar a prudencia e a responsabilidade individual para amortiguar as cifras de contaxio. Se as cousas se fan ben, vaise notar con resultados".