O PSOE de Sanxenxo quere que o Concello se esforce por salvar o comercio local tanto como o turismo
Por Redacción
A portavoz do PSOE de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza, critica que a única medida adoptada polo goberno local para favorecer o comercio local fose a contratación da iluminación do Nadal. Esixen os socialistas que o Concello dedique o tempo e recursos necesarios para asegurar a supervivencia deste sector.
"Que Telmo poña unha cantidade inxente en luces están moi ben, pero se todo o que pode facer polo comercio local é seguir facendo o mesmo que facía os anos que non había covid, imos mal. Igual que no verán puxo en marcha accións novas para tratar de impulsar o turismo, agora terá que poñer en marcha iniciativas para salvagardar o noso comercio e o noso mercado", reclama a socialista.
Fervenza anima aos veciños para realizar os seus comprar "de xeito responsable" nos pequenos comercios da localidade sanxenxina.
Tamén pediu aos sanxenxinos que non atrasen as súas compras porque "non sabemos cal será a situación sanitaria en quince días, pero sí sabemos que os comercios agora mesmo están abertos e necesitan a nosa axuda. Anticipar as nosas compras de Nadal é un xeito estupendo de botarlles unha man", rematou.
Relacionadas:
-
Sanxenxo rozará os 100.000 euros de investimento na súa iluminación de Nadal
Por Redacción |
-
O comercio teme ir detrás da hostalería e pide axuda
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE aplaude que os PGE 2021 atallan o "agravio" que sufría Pontevedra coa AP-9 e destinan un 30% máis de fondos á provincia
Por Redacción |